O anuncio do Ratibrom que “mata ao rato cabrón” cumple 20 anos na TVG

A empresa galega Impex Europa apostou por anuncios en galego na canle pública con este raticida que é líder en España en venda de raticidas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/11/2017 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

Ratibrom mata o rato cabrón”, “Con Ratibrom, nin rata nin rato”, “E deixa que coman....”, son frases que xa forman parte da cultura popular galega grazas aos anuncios na TVG de Impex Europa, unha empresa galega con sede en Vilagarcía de Arousa, que é líder en raticidas en España e Portugal con Ratibrom, o seu produto máis recoñecido.

Ratibrom
Ratibrom

E como cada ano por estas datas, a empresa con sede en Vilagarcía de Arousa comezou a emitir o seu tradicional spot publicitario na Televisión de Galicia, desta volta conmemorando os 20 anos desta orixinal campaña publicitaria.

Para elo, faise un repaso polos spots televisivos de Ratibrom dos anos 2003, 2007, 2014 e 2016, anuncios todos eles interpretados polo actor galego Alfonso Agra.

A celebración dos 20 anos do anuncio de Ratibrom tamén foi lembrada esta semana no programa Land Rober Tunai Show da Tvg, onde Roberto Vilar, o seu presentador, inaugurou o comezo de campaña louvando as propiedades do raticida.

Tags: PUBLICIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta