Nabor González asume as rendas das mocidades do PSdeG co reto de "ampliar" a base xuvenil do partido

Aposta por ter unha "maior presenza" nas universidades e nos movementos sociais.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/11/2017 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

O ourensán Nabor González asume esta fin de semana a secretaría xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) en substitución de Aitor Bouza co reto de "ampliar" a base xuvenil do PSdeG e ter unha "maior presenza" nas universidades e nos movementos sociais.

Congreso das mocidades do PSdeG en Ames, A Coruña
Congreso das mocidades do PSdeG en Ames, A Coruña | Fonte: Europa Press

En declaracións a Europa Press durante o Congreso que as XSG celebran esta fin de semana en Ames (A Coruña), o que será en novo líder das mocidades socialistas marcouse como retos "ampliar" a base xuvenil do Partido Socialista en Galicia e ter unha "maior presenza" nas universidades, institutos, actos culturais ou movementos sociais.

Ademais, enmarcou a renovación nas Xuventudes Socialistas no "novo tempo" que se abriu en Galicia co novo secretario xeral, Gonzalo Caballero, a quen ve capaz de "alcanzar grandes metas" e "liderar unha maioría social e de esquerdas" na Comunidade.

Após iso, destacou que desde a organización xuvenil do PSOE en Galicia aspira a "cambiar parte da realidade" galega, marcada por "as políticas lesivas do PP" que "atentan contra a educación, a sanidade, a cultura" e contra a mocidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta