Ferrín bríndalle o premio Fernández-Latorre a Agustín Fernández Paz

Sorpresa e certa ledicia entre o sector cultural causou este detalle diante de Feijóo e Santiago Rey. O editor destaca o seu carácter "irrefutable e insubornable" e o presidente galego que a súa obra é "patrimonio de todos".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/11/2010 | Actualizada ás 00:57

Comparte esta noticia

O presidente da Real Academia Galega converteuse este xoves no protagonista do día ao recibir o 52º premio Fernández-Latorre rodeado dos principais actores políticos, económicos e sociais de Galicia. E non quixo deixar pasar a oportunidade para brindarlle o galardón a outro escritor e amigo seu, Agustín Fernández Paz, quen nos últimos días está envolto na polémica ao rexeitar o premio da Cultura Galega das Letras 2010 e ao pedirlle ao sector cultural un "boicot" dos premios culturais institucionais. Un xesto que non foi entendido por algúns dos seus compañeiros das letras.

"Así, de forma moi especial, permitídeme que despois de recibir o premio llo brinde ao meu colega Agustín Fernández Paz", sinalou Ferrín case ao comezo do seu discurso, ao tempo que dixo que este galardón tamén premia aos "homes e mulleres de letras que escollen o idioma propio desta nación atlántica para lle transmitir ao mundo o seu propio mundo interior, a través do libro, a través dos media".

O escritor ourensán destacou a labor de Juan Fernández Latorre, o fundado de La Voz de Galicia, e del destacou os "servizos prestados a Galicia", especialmente, "as causas da liberdade e da democracia, e á lingua e a cultura galegas". Neste sentido, lembrou a amistade que uniou ao avó do actual editor de La Voz co presidente da RAG, Andrés Martínez Salazar. Unha relación que trasladou á actualidade para sinalar que "hoxe, nestes momentos, gusto pensar que Santiago Rey Fernández-Latorre fai as veces de don Juan e eu orgúllome de facer as veces de don Andrés.

"Insubornable"

Precisamente, este símil tamén foi utilizado por Santiago Rey Fernández-Latorre para destacar o papel de La Voz no impulso da lingua e cultura de Galicia. O editor de La Voz destacou as "conviccións férreas e de ánimo sereno, sensato e dialogante" de Ferrín e nunha pequena parte do seu discurso en galego suliñou o seu carácter "irrefutable e insubornable" tanto durante a Dictadura como hoxe en día.

"Posiblemente, haberá moitas ideas nas que discrepemos radicalmente, pero, aínda estando ben separados ideolóxicamente, moitos sentímonos próximos a ti. Como di o Xurado, pola túa afouteza. E como quero dicir eu hoxe aquí, polo teu talento creador, pola túa claridade e polo teu espírito rebelde", engadiu.

Duas liñas

Tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que interviu no acto, destacou a obra de Ferrín...e pouco máis. Só lle adicou ao premiado, dúas liñas dun discurso de catro páxinas. "Velaquí, entre nós, un exemplo. A obra de Xosé Luis Méndez Ferrín xa é historia e xa é patrimonio de tódolos cidadáns desta terra".

E, citando a outros autores como Rosalía de Castro, Curros, Pondal, Cabanillas, Piñeiro, Cela, Casares ou o propio Ferrín sinalou que, "construíron un galeguismo harmónico e integrador", independentemente dos seus pensamentos, da súa ideoloxía, do seu lugar de nacemento ou da súa lingua.

Precisamente, voltou á cuestión lingüística no seu discurso para sinalar que o seu executivo, con cordialidade, fixo "perdurar" o idioma galego, "unha construción colectiva e moldeada que non é contraria á obrigada ambición do que quere saber unha terceira lingua".

Contra a prensa "localista"

Santiago Rey insistiu, na súa intervención, que como editor do "primeiro xornal galego" ten a obriga de "aguzar el debate porque solo de él puede salir alguna luz". Deste xeito, criticou ao Goberno español pola actual situación económica e tamén aos sindicatos por "non arrimar" o hombreiro e defendeu os sectores estratéxicos da economía galega, como o sector gandeiro.

Tamén tivo dardos para o resto dos medios e, aproveitando as recentes diferencias xurdidas en Vigo e na Coruña, sobre a fusión das caixas, arremeteu contra Faro de Vigo polo seu "localismo".

Unhas críticas que fixo extensibles ao resto dos medios galegos. "Los localistas, pese a estar tan alejados de la hermosa idea de Galicia, llaman continuamente a las puertas oficiales para arreglar sus cuentas. Como si se les debiese algo por sus intentos de destrozar el país. Quizá unas normas claras, marcadas por la realidad del mercado, permitiesen prescindir de tantas pequeñas ambiciones y poner orden en un sector donde un buen número de cabeceras inviables, convenientemente asistidas con ayu-das públicas, inflan el mercado de la prensa ga-llega como una burbuja a punto de estallar".

E fronte a esa "política da subvención" contrapuxo o proxecto "innovador e moderno" de La Voz con novas rotativas "que ofrecerán todo color y permitirán dar muchos años más de vida en los quioscos a nuestras renovadas páginas".

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

1 Miguel

Ferrín es un escritor del motón, tirando a normalito. Eso si, como escribe en la subvenconadísima lengua gallega y es presidente de la subvencionadísima Real Academia recibe un premio. Y por encima no tiene la míninma educación de no confundir churras con merinas.

1 Arenga

Pq nom les um pouco e deixas de dizer tontarias. Ademais inda nom te entera-ches que o castelhano está muitissimo mais suvencionado que o galego, mas como seguides as doutrinas do vosso ideólogo goebbels, repetides as mentiras mil vezes a ver se a gente as crê.

2 María

Efectivamente, Miguel (de Cervantes?). A Real Academia está subvencionadísima, como pode ver aquí ( http://www.sgpg.pap.meh.es/Presup/P..., e aínda máis o seu instituto cervantino. Véxao aquí na páx. 180 ( http://www.sgpg.pap.meh.es/sitios/s.... E por certo, confundir "churras" con "merinas" non é cuestión de educación; é cuestión de cultura ou de vista.

3 er niño de la Rag(ha)

Si Miguel si, aínda por riba seica Ferrín vai meterse a toureiro pra chuchar aínda máis subvencións, o resto da RAG fará o número dos bombeiros toureiros.