750.000 persoas piden en Barcelona a liberación dos presos do Govern

O independentismo exhibe músculo a pouco máis dun mes das eleccións convocadas por Madrid. A protesta duplica á dos defensores da unidade de España celebrada hai unhas semanas e tivo unha lonxitude de case 3,5 quilómetros ao longo da rúa Marina. Fotos e crónicas de Martín Vaz para GC.

Por Martín Vaz | Barcelona | 12/11/2017 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Milleiros de persoas percorreron este sábado as rúas de Barcelona. Xa dende o mediodía deste sábado adiviñábase unha xornada axitada en Barcelona. Unha axitación que no último mes tomou, se cadra, un cariz burocrático. 

Unha gran senyera de Cataluña na manifestación contra o encarceramento de 'presos políticos'
Unha gran senyera de Cataluña na manifestación contra o encarceramento de 'presos políticos' | Fonte: Martín Vaz

O número de furgóns da Policía Nacional aparcados diante da Subdelegación do Goberno en Cataluña anticipaba o que nunhas horas tornaría nunha manifestación multitudinaria. Unha máis. 750.000 persoas, segundo a Guardia Urbana, nunha marcha de 3,3 quilómetros ao longo da rúa Marina, rematando algúns aos pés da Sagrada Familia e os máis avanzados na avenida Icaria.

Nesta movilización diferenciábanse dous ‘encapçalaments’ (encabezamentos): os familiares dos encarcerados do govern, e o sector dos políticos, representados pola alcaldesa Ada Colau, o tenente alcalde Jaume AsensAgustí Alcoberro e Marcel Mauri (vicepresidentes da ANC e Òmnium Cultural respectivamente).

Arredor de 600 autocares chegaron dende diferentes puntos de Cataluña para participar dunha xornada na que se entonaron os himnos clásicos do procès, rexurdindo agora cunha nova voz: ‘L’Estaca’ de Lluís Llach e ‘Els Segadors', alternados con gritos de ‘Puigdemont president’ e ‘els carrers seran sempre nostres’ (as rúas serán sempre nostras). 

Unidade do independentismo

Os manifestantes diante da Sagrada Familia na protesta de Barcelona do 11 de novembro a favor da independencia de Cataluña
Os manifestantes diante da Sagrada Familia na protesta de Barcelona do 11 de novembro a favor da independencia de Cataluña | Fonte: Martín Vaz

Nesta nova demostración de músculo do independentismo catalán, o motivo principal foi a liberación dos presos do govern, enfundado no encarecido discurso de Anna Forn, filla do ‘ex-conseller’ de interior catalán Joachim Forn, que fixo unha chamada á unidade dos independentistas; e Abril Sànchez, filla do presidente da ANC, Jordi Sànchez que retransmitiu unha mensaxe do seu pai compartida tamén polo resto de políticos encarcerados: ‘gracias por non deixarnos sós’.

Á movilización non acudiu por recomendación dos seus avogados Carme Forcadell, presidenta do ‘Parlament’ catalán, aínda que non faltaron as mostras de apoio polo seu papel no procès. Mesmo o vicepresidente de Òmnium, Marcel Mauri, dixo: ‘danos igual o que dixeran os membros da mesa ante un Estado que ameaza, o único que conta é o que fixeron durante estes anos, dende o ‘Parlament’ e as rúas’ en referencia á ex-parlamentaria.

O independentismo catalán prepara xa unha nova movilización, será o 7 de decembro, en Bruselas, cidade que se plantexa como escenario dunha nova tempada do conflicto catalán.

Miles de persoas na manifestación pro independentista do 11 de novembro en Barcelona
Miles de persoas na manifestación pro independentista do 11 de novembro en Barcelona | Fonte: Martín Vaz
Manifestacións na protesta do 11 de novembro de 2017 en Barcelona para pedir a liberdade dos ex consellers detidos e os presidentes da ANC e Òmnium
Manifestacións na protesta do 11 de novembro de 2017 en Barcelona para pedir a liberdade dos ex consellers detidos e os presidentes da ANC e Òmnium
Manifestación en Barcelona o 11 de novembro para pedir a liberación dos presos políticos
Manifestación en Barcelona o 11 de novembro para pedir a liberación dos presos políticos | Fonte: Martín Vaz
Dous manifestantes na gran marcha que o 11 de novembro percorreu as rúas da capital de Cataluña a favor da independencia
Dous manifestantes na gran marcha que o 11 de novembro percorreu as rúas da capital de Cataluña a favor da independencia | Fonte: Martín Vaz
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Non sei se falamos da Sagrada Familia que escribiran Marx e Engels en novembro de 1844... pero se falamos da Outra Sagrada Familia cómpre RECLAMARLLES os cinco millóns de euros do Castelo de Pambre antes de que marchen cara Andorra sen pagar a conta! https://flic.kr/p/RboG8y Chercher l´argent mon amie !!!