Arrinca este luns a campaña extractiva da centola e boi nas provincias da Coruña e Pontevedra

A campaña extractiva da centola e boi nas provincias da Coruña e Pontevedra arrinca este luns, día 13 de novembro, segundo informou a Consellería do Mar nun comunicado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2017 | Actualizada ás 11:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A campaña extractiva da centola e boi nas provincias da Coruña e Pontevedra arrinca este luns, día 13 de novembro, segundo informou a Consellería do Mar nun comunicado.

Nas áreas que van da Guarda até Cabo Corrubedo (na provincia de Pontevedra) e de Cabo Corrubedo até Cabo Estaca de Bares (na da Coruña), a frota con porto base nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00,00 horas desta madrugada e chegar as espacies até a lonxa o luns.

A campaña deste crustáceo nestas dúas provincias prolongarase até o inicio da veda do ano 2017, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión. No caso da parte que vai de Cabo Estaca de Bares até o río Eo --incluída a ría do Barqueiro--, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 3 de decembro.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, ao que se engadirán 35 quilos/día por cada tripulante a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade, así como aquelas que tendo o porto noutras teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

CONTROIS

A Consellería do Mar lembrou que levou a cabo unha serie de operativos nas últimas semanas para vixiar a extracción ilegal de centola nas datas previas á apertura da veda.

Estas actuacións deron como resultado o comiso de máis de dúas toneladas e media de peixe e marisco, das cales case unha tonelada e media era de centola. A maiores, se requisaron 538 aparellos de pesca e 1.150 metros de aparellos de enmalle.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta