Temas: EN MAREA PSDEG

Antón Sánchez cre que a posición do PSOE con Cataluña é "indigna": "Están ao lado da regresión fascista"

Sinala que o "dereito de autodeterminación" está recollido no programa de En Marea e é un "fundamento esencial" no proxecto

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2017 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

O viceportavoz de En Marea no Parlamento galego, Antón Sánchez, criticou a posición que mantén o PSOE ante a crise soberanista aberta en Cataluña. "Non é unha posición digna dun partido que se fai chamar socialista. Están ao lado da regresión fascista promovida polo señor (Mariano) Rajoy", espetou.

Antón Sánchez, no Parlamento
Antón Sánchez, no Parlamento | Fonte: Europa Press

O tamén portavoz nacional de Anova fixo estas declaracións nunha entrevista concedida este domingo a Radio Nacional na que foi preguntado sobre se a relación da 'marea galega' co PSdeG mellorou tras a recentemente culminada renovación interna nas filas socialistas.

Neste sentido, manifestou que polo momento non notou "ningún cambio" desde a chegada de Gonzalo Caballero á secretaría xeral, aínda que recoñeceu que "a actitude" do PSOE respecto da situación en Cataluña e o seu apoio á aplicación do artigo 155 da Constitución Española "dificulta moito as relacións".

"Dificulta calquera relación política aínda que manteremos esa responsabilidade de que sabemos que a alternativa ao PP é plural; pero hai cousas que non podemos pasar por encima", incidiu, para logo chamar aos socialistas a que aclaren "se van estar ao lado do fascismo, como cando se aplicou o 155".

DIFERENZAS EN MAREA

Logo das diferentes interpretacións da cuestión catalá no seo de En Marea, Antón Sánchez sinalou este domingo que "o dereito de autodeterminación das nacións" e a consideración de Galicia como "nación" figuran no programa político co que naceu o partido instrumental e co que se presentou ás eleccións autonómicas de 2016.

"O meu deber é defender o programa político que votaron 277.000 persoas. Non podemos defraudar, estamos a defender iso", remarcou, para logo apuntar a que o que se vive en Cataluña "non é só unha cuestión dos independentistas" senón que tamén abarca "a defensa da democracia".

"Nesa loita está moita máis xente que os cataláns. É a loita da democracia contra a represión e o fascismo, contra a posibilidade da volta atrás do sistema democrático", concluíu.

IMPUTACIÓN DE FERNÁNDEZ COUTO

En clave galega, Antón Sánchez cargou contra a xestión forestal da Xunta días despois de que se coñecese a imputación do responsable de Montes do Goberno galego, Tomás Fernández Couto, quen está a ser investigado por irregularidades na contratación de medios aéreos nos servizos de extinción de incendios.

Para o de Anova, a Xunta "outorgou a dedo" o contrato a Inaer de forma "evidente", unha situación "irregular" que, como lembrou, foi revelada nun informe do Consello de Contas. "Politicamente non ten sentido a privatización dos helicópteros cando se privatiza nun sector no que non hai competencia, onde non existen empresas variadas", engadiu.

E é que, segundo Sánchez, "non é a primeira vez" que esta empresa se ve involucrada en "un escándalo". "Estas empresas saben relacionarse moi ben cos gobernos e teñen repartida a tarta", apostilou.

POLÍTICA FORESTAL

Así as cousas, denunciou que as políticas da Xunta están orientadas a favorecer "un modelo determinado pola defensa de intereses empresariais moi concretos". "Ence é quen fai as políticas forestais deste país e a Ence está supeditada toda a política do monte deste país", reiterou.

Cuestionado sobre se En Marea está disposta a participar no pacto forestal e a comisión de estudo para a redución do risco de incendios proposto esta semana polo titular do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo; Sánchez asegurou que están dispostos a participar se as medidas que saian de alí se respetan.

"Aquí xa se fixeron comisións e ditames de expertos, plans forestais, etc. Sistematicamente foron incumpridos pola Xunta. Se simplemente cumprisen a lexislación e normativa que hai, outro galo cantaría", aseverou.

Nesta liña, reclamou ao Executivo galego a que faga "menos cortinas de fume" con "comisións e lexislación" e cínganse a "cumprir honestamente coas normativas". "Eses que nos din que hai que estar dentro da legalidade son os que sistematicamente a incumpren", concluíu.

Temas: EN MAREA PSDEG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

8 LioT

O pij. do cortijo co seu momotema. Pero a seguer trincando

7 Sesese

Van polo voto socialista. O demais todo postureo

6 mmUx

E digo eu... ¿Este rapaz é do seu tempo? ¿Estará de soutento ou terá frebe? Rajoy é fachiña, pero fascista...

5 nostrus

En Marea é un partido rancio, incongruente, contradictorio, totalitario, fanático, amante da uniformidade, irrespetuoso e insensible, pero frente a él temos prtidos como C´s que defenden a realidade, a diversidade, o bilingüismo, o mestizaxe e a tolerancia e non sufren de ningún tipo de complexo ou autodio e contrarios a que ningún galego teña que meterse no armario. Nas nosas maos e polo noso ben está que os mareados non consigan o poder que desexan.

4 nostrus

Los cantamañanas (el termino mas suave que se le puede aplicar a esta gentuza) solo consideran democracia a salirse con la suya, aunque para ello haya que pisar por encima de quien sea

1 José

Supoño que o dis polos dos discos duros e os cartos nos sobres, eses que tanto quere o partido de falangito rivera. Anda volve pa ducha e sigue coa melodía

2 Chorima Fada Branca

Jose ao mellor escribes dende fora de Galicia e non te das conta que para ningunha persoa de esquerdas esta xente e referente de algo. E moito menos para os nacionalistas galegos. Se non me cres confronta o traballo destes co do bloque e mira o que fixeron os e as suas deputadas en Madrid. A xente de esquerdas nacionalistas ou non sentimononos abandonados. E non vexas o discurso dos amigos estes con respecto a Cataluña. Moitos parecen a dereita dos consevradores. Se estas fora por favor non te deixes enganar. So aspiran a derrotar ao bloque.

3 Chorima Fada Branca

Penso que ti estas fora e por iso che escribo. Eu non son nacionalista pero votarei bloque. Esta xente divos unha cousa fora e ven aqui e predica o contrario. Unese a xente supostamente cominista que ten discursos moi proximos aos de Rivera. Eu non te engano, padezoos todos os dias. As cidades que gobernan non melloraron nada. Comprobao se nonme cres porque para iso estan as estatisticas. Dunvos unha cousa alo e outra aco. Aco non dun nada mais que palabreria vacua. Eu quereria irme porque aqui non hai altrenativa,