O reitor da USC avoga por revisar as probas de acceso á universidade para "non esaxerar" a especialización

É partidario de que os alumnos poidan elixir os estudos na universidade sen chegar a ela tan "etiquetados".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2017 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño, avogou por "revisar" as probas de acceso á universidade para "non esaxerar" a especialización ao suxerir que limitan as posibilidades do alumnado.

O reitor da USC, Juan Viaño
O reitor da USC, Juan Viaño | Fonte: Europa Press

"É importante non esaxerar a especialización dos estudantes", manifestou nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que se mostrou partidario de que os alumnos poidan elixir os estudos na universidade sen chegar a ela tan "etiquetados".

Na súa intervención o reitor tamén se referiu ao novo mapa de titulacións do Sistema Univeristario Galego (SUG), que ve como un "acordo que marca un cambio na forma de relacionarse as universidades e o Goberno galego.

Con todo, recoñeceu que este pacto non evitará que exista un debate sobre posibles duplicacións no sistema. Na súa opinión, hai "un marco colaborativo" para abordar esas duplicidades, que é "o máis interesante para o país". "Evidentemente, algunha discusión e algunha diferenza de criterio sempre haberá", sinalou.

REXEITA REDUCIÓNS DE PERSOAL

O que si rexeitou é que a retirada dos graos con baixa demanda provoquen retoques no cadro de persoal docente. "En ningún caso", deixou claro para argumentar que "os graos que se retiran son graos que teñen unha baixa demanda desde hai anos".

Así, lembrou que no caso da USC se concentran no Campus de Lugo. "Cumprimos coa responsabilidade retirándoos pero como esas titulacións van ser substituídas por outras, nunca se verá afectado o cadro de persoal", indicou.

Ante as eleccións a reitor que en breve afrontará a Universidade de Santiago de Compostela (USC), Viaño asegurou que aínda non tomou a decisión "definitiva" e aprazouna para máis adiante en "os próximos meses". Con todo, admitiu verse "animado" para dar o paso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Elisenda en Chachiguaylandia

Todo isto é evidente para quen razoe un pouco sobre o noso sistema educativo. Eu sei, que malia as diferenzas ideolóxicas, o ex-conselleiro Celso Currás sabe do que falo e mesmo o entende. Non esaxero se digo o que moitos profesionais da educación me transmiten: foi dos mellores, se non o mellor. El sabía do que falaba e sabe do que escribe. Ningún sistema educativo se debería permitir non contar con persoas coma el coma "asesores". Máis Curras e menos chachiguaylandia de envoltorio... Grazas, ao mellor conselleiro de Educación, segundo os coñecidos que forman parte desta tan vocacional profesión... E dinmo persoas de moi diversas ideoloxías. Máis Currasismo e menos chachiguaismo.

5 Elisenda en Chachiguaylandia

Resumo: máis esforzo e menos envoltorios. Exemplos non faltan. Pidan que esixan máis nas probas de acceso, pidan que estas sexan realizadas polas facultades e escolas, pidan que o alumnado acredite un B2 (coma mínimo) dunha lingua foránea, pidan que se racionalice a oferta (case todos o entenderiamos), pidan unha única _Universidade Galega con Campus especializados, pidan que se manteñan estudos básicos coma o Grao en Clásicas ao que aludín... E se poden, aparezan máis polos "eventos formativos da educación non obrigatoria"... Ou cando menos reclamen máis contido e menos apariencia. Por favor, por favor... En fin...

4 Elisenda en Chachiguaylandia

En fin... A experiencia de moita xente que mo comenta é que só se valora o "envoltorio"... E este non é un problema único dos que "deseñan" estas actividades... Aínda que evidentemente eles teñen moita responsabilidade. Bótase de menos, para que negalo, unha maior presenza da Universidade nestes eventos e tamén unha maior esixencia aos asistentes. Non se preocupe, Señor Reitor, de que sexan poucos... Preocúpense dos seus coñecementos e loiten por unha Universidade esixente e meritócrata na que malia que sexan poucos teñan interese (cando menos)... E esa esixencia idiomática tan básica, por favor, Señor Reitor... Cómpre elevala xa.

3 Elisenda en Chachiguaylandia

E polo que me din, ata ao mellor os infelices que se ofrecesen a facer algo así sairían mal librados por mor dun máis que absurdo sistema de "avaliación" do sistema de formación do profesorado. Por outra banda, faltan exemplos de programacións e outros documentos ben elaborados. Por que a Consellería non publica ou cando menos considera coma un mérito a elaboración de boas programacións didácticas e outros documentos educativos? Estimado reitor, a estas alturas, vostede coma min ten que saber que o noso sistema educativo é máis que mellorable... E que neste caso outros tempos foron mellores. Comprería que se fixese autocrítica tamén pola súa parte e sobre todo que todos tivesemos algo en consideración: non se trata de que moitos estudantes se gradúen... En calquera caso, se quere cambiar algo, máis alá de críticas puntuais, recomendaríalle que se fixase na educación primaria e que asistise a algún "evento formativo"...

2 Elisenda en Chachiguaylandia

Continúo: son moitos os profesores e as profesoras que están a garantir os mínimos antes enumerados, porén a súa presenza en "eventos educativos" diversos é mínima. Moitos séntense pouco valorados e pensan que se trata só de presentar calquera idea nun formato atractivo para conseguir presentar os seus proxectos: sacar adiante alumnos e alumnas que saiban ler e escribir. Calquera que siga os "eventos formativos" sabe que o único que se prima (por desgraza tamén por parte dos asistentes) é a chachiguaiultima versión da utilización dun programa educativo (non adoita ser nunca a última... Vaites, por enriba tratan a algúns que se enteran de parvos). Descoñezo que existan "eventos de formación" nos que, por exemplo, se teñan en conta o uso do software non privativo.