As mentiras dos gobernos da Xunta e de Madrid sobre o desastre do Prestige

Como aconteceu na vaga de incendios do pasado outubro, hai 15 anos os gobernos de Aznar e de Fraga tamén utilizaron a mentira e a desinformación sobre o accidente do Prestige. A maior catástrofe ecolóxica que sufriu Galicia comezaba a xestarse e nos medios de comunicación só se falaba dunha "pequena mancha" ou duns "hilitos de plastilina".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 13/11/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Hai case 15 anos o Goberno de Madrid, entón liderado polo popular José María Aznar, tentaba facer circular unha das grandes mentiras informativas de todos os tempos. Unha "manchita" de petróleo fronte as costas galegas que, días despois, acabaría converténdose na maior traxedia ecolóxica que viviu Galicia. Unha desinformación á que tamén contribuíu o goberno galego, entón dirixido por Manuel Fraga, e que Mariano Rajoy, entón vicepresidente do Goberno español, describía como "hilillos de plastilina".

Ría de Pontevedra, durante a traxedia do 'Prestige'
Ría de Pontevedra, durante a traxedia do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

Son as 19.00 horas do 13 de novembro de 2012. Pasaran pouco máis de catro horas do primeiro SOS do Prestige e a Xunta e o Goberno central xa estaban ao tanto da magnitude da traxedia. O Ministerio de Fomento remite un comunicado alertando de que xa salvaron a 24 dos tripulantes do buque pero evita informar correctamente de todo o que estaba acontecendo. Era tal a catástrofe que o entón diretor xeral da mariña Mercante, José Luis López-Sors, trasladábase de inmediato a Galicia para comprobar sobre o terreno a situación e coordinar as operacións do buque.

Sen informar da mancha

Así, e tras o salvamento dos tripulantes, agás de Mangouras, do seu segundo e do xefe de máquinas, Fomento volve a anunciar a mesma noite do accidente a súa intención de presentar unha protesta e reclamación ante as autoridades de Bahamas, Letonia, Reino Unido e Grecia polo grave sinistro. Pero segue sen dar conta da inmensa mancha de chapapote que se aproxima ás costas galegas.

O 14 de novembro, o Goberno central xa tomara a decisión de alonxar o buque. "Continúan las operaciones para alejar al Prestige de las costas gallegas", informa Fomento ás 10.00 horas da mañá dese día. Nese momento, o buque atópase a seis millas do Cabo Touriñán. "Si las condiciones meteorológicas se mantienen, el buque continuará su marcha sin tocar la costa de Galicia", din desde o ministerio.

Voluntarios limpan do mar chapapote do 'Prestige'
Voluntarios limpan do mar chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

E aparece a mancha

Son as 14.00 horas dese 14 de novembro, un día despois do accidente. Fomento informa, por primeira vez, da existencia dunha mancha de fuel-oil, pero só lle adica dous parágrafos nun comunicado de dúas follas. "Las inspecciones realizadas muestran una mancha de unos 200 metros de ancho por unas 20 millas de largo". E que hai para loitar contra este gran verquido?; só "7.000 metros de barrera y 12 skimers". O ministerio insiste en informar dos medios que están traballando xa na zona e do "avance de las operaciones de remolcado del buque hacia mar adentro"

Dúas horas despois, novo comunicado deste departamento. "Salvamento Marítimo ha controlado la deriva del petrolero Prestige". Da mancha, prácticamente non se di nada: "el aspecto de la mancha de hidrocarburos es de color claro y se encuentra rota por zonas", apunta ao sinalar que "se han concetrado en la zona equipos de lucha contra la contaminacjión desde diferetnes puntos de España" y "se ha desplazado al personal técnico adecuado".

Ás 19.15 horas, o gran logro de Fomento é que "El Prestige se encuentra ya a 25 millas de la costa gallega" e quince minutos despois, outro novo comunicado informa de que "el buque navega con su propia máquina y con el auxilio de remolcadores, alejándose de nuestra costa".

Son as 20.40 horas, e cando a mancha está fronte ao litoral de Muxía, cando Fomento remite unha nova nota informando de que "la mancha de fuel-oil ocasionada por el Prestige permanece a 5 millas de la costa" e, engade, "el petrolero no pierde fuel tras haber corregido su escora".

Dous días despois, o chapapote na costa

Hai que agardar 17 horas para que Fomento remita un novo e único comunicado de prensa ese día. Son as 14.00 horas do 15 de novembro de 2002. Os galegos comezaban a ser conscientes do gran desastre natural que supuña aquel accidente. O chapapote xa tocara terra e as imaxes comezaban a dar a volta ao mundo. "El Ministerio de Fomento continúa coordinando la solución del riesgo ambiental generado por el Prestige". É un comunicado de 5 follas no que o Goberno central insiste nos "8.000 metros de barrera e 14 skinmers", prácticamente, os mesmos medios que o día anterior. Son só seis parágrafos dun folio. Os catro restantes son para resumir o acontecido e informar de que se tomaron as medidas legais oportunas.

A partir de entón a falta de información, como na vaga de lumes, provocou a indignación e a reacción cidadá. Milleiros de galegos saíron ao mar para tentar salvar o seu sustento. Con embarcacións persoais, cos seus trasmallos de pesca, coas súas máns... co que fora, comezaron a apañar o chapapote. Tamén nacía un sentimento que aínda chega aos nosos días, un sentimento que sempre sae nos peores momentos que vivíu este país; o da solidariedade. Un movemento que logo collería forma en torno ao "Nunca Máis".

Nota de prensa de Fomento horas despois do accidente do Prestige
Nota de prensa de Fomento horas despois do accidente do Prestige
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Breixo Jonathan

Menos mal que daquela non mandaba un goberno do cambio tipo o de Colau, xa os vexo montando un referendum das bases para decidir onde metían o barco e despois amañando os resultados para que saíse outra cousa distinta, hahahaha

5 Mais Prestige, mais eucalipto

O expañolismo é unha mafia que abrangue todos os eidos da sociedade. Ten por referente un militar golpista ao servizo dunha oligarquía e mona-rquia parásita, que premiaba as tropas moras, con violacións de expañolas. A xustza española cuia independencia e sucursal política dos corruptelas, foi denunciada ate polo Consello de Europa e denunciada por xuices para a democracia. foi reformada a lei orgánica do poder xudicial,9 veces co apoio só do partido corruptela, para a impunidade do crime orgaizado, acurtando os prazos de instrucción dos casos e coa falla de medios. Seguimos cn mais Prestige e mais eucaliptos, privatizando todo a mafia amiga e cobrando polas corruptelas, e a Bañez rezando por non mais catástrofes.

4 Sessse

Lembro cando querian meter a chatarra flotante do prestige no Porto da Coruña. Seria millor idea? Eu, non o creo

3 Anti...

Mintireiro e dicir que Irak tiña arma de destrucción masiva. Que os atentados de Madrid os cometeu eta cando case todo o mundo sabía que foran islamistas radicais Que o que chegaba as costas galegas eran fios de pastelina, todos ollamos o grande que eran. Etc,etc. Non penso que as mentiras da upg se as houbo fixeran tanto dano e desfeita coma as do teu pa-partido.

2 Fuilco

Bueno, de las presuntas mentiras de la gestión del Prestige ya se escribieron ríos de tinta, pero ¿qué hay de las mentiras de ese chiringuito upegallo llamado Nunca Mais que poco menos que aseguraba que iban a morir millones de gallegos y que Galicia iba a quedar como un paisaje lunar, por culpa del Partido Popular, digo, por culpa del Prestige? Un poco de pluralidad en la crítica sería buena cosa, para variar.

1 HartodeIdioteces

no, si ahora la culpa de lo que pasó la tiene Nunca Máis, la UPG, el Bloque, Bautista Álvarez y la V Internacional.

2 Eduardo-a-inda

Lo principal no se dijo: ¿Qué sabía Fraga de ese barco que le hizo ir a Madrid a una partida de caza (así se dijo) varios días después a negociar lo que se haría con él? ¿Qué implicación tenía el rey con los responsables de la carga? ¿Dónde está el "experto" científico que dijo que cuando se hundiera el barco no pasaría nada porque "el fuel se solidificará"? ¿Por qué, el "plan Galicia de mierda" fue saboteado y nos quedamos sin indemnizaciones y sin plan Galicia? Paro ...Se cansa uno.