Carmela Silva tacha de "gravísimo erro" o cartel da Xunta na campaña contra a violencia machista

A presidenta da Deputación de Pontevedra critica que o Goberno galego "cousifique" ás mulleres "porque isto non se trata de mercadotecnia"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2017 | Actualizada ás 14:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tachou de "gravísimo erro" o cartel contra a violencia machista presentado polo Goberno galego con motivo do próximo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro.

Silva declarou que o cartel "non pode ser menos acertado" como instrumento. "Non pode ser que cando se faga unha campaña para a loita contra as violencias machistas (...) se nos cousifique tamén", esgrimiu.

Así se pronunciou en declaracións aos medios en Santiago, onde participou nun acto para presentar o patrimonio cultural e paisaxístico da provincia de Pontevedra na Ruta Xacobea.

Con respecto á polémica da campaña, Silva cre que é "un gravísimo erro porque isto non se trata de mercadotecnia" senón de "concienciar en valores de igualdade", ante o cal considera "que se equivocaron moi seriamente".

50 MULLERES ASASINADAS EN 2017

Así, a presidenta da institución provincial lamentou a cifra de 50 mulleres asasinadas en España no que vai de ano como vítimas de violencia machista.

En concreto, referiuse á muller asasinada hai tres días en Elda (Alacante) e ao home que este domingo degolou á súa filla de dous anos en Alzira (Valencia).

"A ver cando se decata o PP que somos máis da metade da poboación", arremeteu contra a xestión do partido, ao que tamén preguntou "que están a facer as administracións competentes" e "onde están os recursos para que haxa unha protección policial adecuada e para que haxa recursos para que as mulleres poidan recuperar as súas independencias e a súa autonomía".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta