Arte que ilumina a esperanza de cativos oncolóxicos

24 artistas participaron na iniciativa LampArt Vigo a prol de Asanog, Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/11/2017 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

LampArt Vigo é un proxecto de arte solidaria de 24 artistas galegos cuxos beneficios se destinan a Asanog, Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. A mostra tivo lugar no NH Coletion Vigo até esta fin se semana. Alí, artistas locais converteron lámpadas en obxectos de arte.

LampArt Vigo
LampArt Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

O proxecto artístico partiu da arquitecta María José Maldonado, e de Construcciones Ais, que lle buscaron unha nova vida a 24 lámpadas que foran retiradas do hotel. Da man de Maro Morales (Proxecto EWA) e de Germán González, director de Mambo Gallery buscouse un grupo de artistas para transformar esas lámpadas nun novo obxecto artístico e colaborar no proxecto, que se bautizou co nome de LampArt vigo.

Logo, buscaron empresas particulares que quixesen comprar unha destas pezas únicas e contaron coa participación de 24 persoas que se sumaron a este proxecto mediante a adquisición das lámpadas intervidas artisticamente. Entre os que adquiriron unha desas pezas atópase o Consorcio da Zona Franca de Vigo, que levará a súa lámpada ao edificio de Porto do Molle.

Os colaboradores elixiron a lámpada a través dos bosquexos realizados por cada artista. As pezas foron expostas durante a fin de semana no Hotel NH Colletion Vigo.

O elenco de artistas estivo formado por Javier Aguilera, Pilar Alonso, Camilo Álvarez, Catalamitad, Colin Balwin, Abi Castillo, Ranón Catalán, Rosendo Cid, Laura Cochón, Marcos Covelo, Federico Fernández, Laura García, Lula Goce, Peri Helio, Pat Lemos, Marcos Puhinger, Juli Molares, Doa Ocampo, Germán Pintos, Pelucas, Teresa Pérez, Héctor Pichel, Marc Taeger e Nando Vázquez.

LampArt Vigo
LampArt Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

LampArt Vigo
LampArt Vigo | Fonte: Miguel Núñez.
LampArt Vigo
LampArt Vigo | Fonte: Miguel Núñez.
LampArt Vigo
LampArt Vigo | Fonte: Miguel Núñez.
LampArt Vigo
LampArt Vigo | Fonte: Miguel Núñez.
LampArt Vigo
LampArt Vigo | Fonte: Miguel Núñez.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta