López Abella defende a campaña contra os malos tratos e reprocha a BNG e En Marea que traten de "retorcer as cousas"

A secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, instou este luns aos grupos de En Marea e BNG a que rectifiquen a petición de retirada da campaña da Xunta 'O máis grande de Galicia non se maltrata' porque a acusan de cosificar á muller. "Todas as campañas son boas e tratar de ver nesta que se está utilizando á muller como un patrimonio é retorcer absolutamente as cousas", lamenta.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2017 | Actualizada ás 15:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, instou este luns aos grupos de En Marea e BNG a que rectifiquen a petición de retirada da campaña da Xunta 'O máis grande de Galicia non se maltrata' porque a acusan de cosificar á muller. "Todas as campañas son boas e tratar de ver nesta que se está utilizando á muller como un patrimonio é retorcer absolutamente as cousas", lamenta.

Presentación da campaña contra a violencia machista en Lugo
Presentación da campaña contra a violencia machista en Lugo | Fonte: Europa Press

López Abella insistiu en que é "unha campaña moi clara, cunha mensaxe moi directa, que pon en valor á muller galega, que é grandiosa". Con respecto ás críticas que xerou a lema, sentenciou que "calquera polémica non beneficia a ninguén".

Estas declaracións realizounas acompañada do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, na presentación da campaña institucional do Goberno galego do Día Internacional contra a violencia de xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro.

A secretaria de Igualdade insistiu en que se pretende "recoñecer a grandiosidade da muller galega, que é un auténtico referente do matriarcado que hai en Galicia", coa imaxe de tres mulleres galegas, de distintas idades.

DATOS PRIMEIRO SEMESTRE

Así mesmo, Susana López Abella puntualizou que no primeiro semestre do ano incrementáronse en Galicia un 22,23 por cento as denuncias presentadas nos xulgados por violencia de xénero.

Ademais, a secretaria xeral comentou que o 74 por cento das mulleres que dan este paso de denunciar saen do círculo da violencia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta