O que agochan as covas do Courel

Galicia agocha auténticas marabillas. As covas do Courel, por exemplo, están cheas de achados que están cambiando a historia de Galicia. Alí hai restos de mamuts, de tigres de dentes de sable e osos das cavernas, ademais dos ósos dos primeiros homes do país. O presidente de AXENA, Xurxo Gago, cóntanos o que alí hai tras baixar a un lago abisal localizado 700 metros montaña abaixo. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | O Courel | 28/11/2010 | Actualizada ás 01:33

Comparte esta noticia

Por Xurxo Gago, presidente de AXENA

None


Lago cueva de A Ceza from Axena on Vimeo.


Unha nova Prehistoria

O grupo espeleolóxico Maúxo, comandado por Marcos Vaqueiro, e o Instituto Isidro Parga Pondal con Xosé Ramón Vidal Romaní e Aurora Grandal á cabeza, están a descubrir un patrimonio agochado no inframundo, unha riqueza patrimonial que cambia e precisa a Prehistoria e aínda épocas máis antigas de Galicia.

Aí foi onde se descubriron os primeiros restos humanos, de hai 9.000 anos, os máis antigos ata a data atopados en Galicia ou a datación duns osos de Ursus speleaeus; o oso das cavernas, úrsido herbívoro dun tamaño moito maior que o oso pardo, miles de anos despois que a data que ata a de agora se pensaba que se extinguiran en Europa.

Os proxectos de AXENA (Asoc. Xuvenil para o Estudio da Natureza), sempre van ligados  á natureza e á tecnoloxía para fomentar con contidos audiovisuais innovadores co obxectivo da súa conservación.   Neste caso, da man dos Maúxos, adentrámonos cada vez máis nas escuras covas do Courel. A nosa paixón polo buceo en colaboración doutros compañeiros, coma Gonzalo Mucientes, Jose Irisarri e Marcos Cabeza empuxounos a bucear nun lago terminal, unha fonte case que abisal alá… nas entrañas da terra. A uns 700 metros ó interior da montaña. Augas xélidas, tan só 9ºC (o día máis frío no mar son uns 12ºC), pero así como son de frías, así é de belo é  ese lugar. Naquelas augas pode haber especies descoñecidas, animais de fios estranos, bechos extinguidos e troglodíticos, de escaso metabolismo nese ecosistema con tan pouco aporte de enerxía.

Lagos abisais

A tarefa non foi sinxela, desprazar a 700 metros, montaña abaixo, máis de 300 quilos de material ata a beirado lago en cuestión de menos de 3 horas. Todo, a través dun río subterráneo case conxelado que pon a un ó límite das súas forzas. Botámonos á auga, a esas cristalinas augas, tanto, que se sente vértixe, e chegamos a pensar que entre un e o chan non hai auga, é coma se houbera aire. Entón sentes que te vas a esnafrar contra o chan en calqueira instante.

 O frío devólveche rápidamente á realidade. Coma coitelo, a auga corta a pel, esa pequena zona que queda sen tapar entre as gafas e o traxe de neopreno. Os buzos a pulmón, tras axudar a definir a inmersión e o percorrido, deixan paso aos buzos con botella  para que se mergullen. Un pozo escuro afúndese debaixo de nós, as nosas lanternas non permiten distinguir o fondo. Só escuridade. Mergullamonos cara ó fondo, ata uns 13 metros de profundidade. Pero ese pozo segue cara abaixo, máis alá do que amosan os nosos potentes focos, máis de vinte metros cara abaixo nesas limpas augas. E ese é o engano da cova. Porque, por riba dos buceadores, unha inmensa e tupida nube erguese ó seu paso, as paredes desprenden un fino limo e arxilas que entran en suspensión volvendo marróns e escuras  aquelas augas.

As luces da beira do lago son imposibles de distinguir. Desorientannos e sería imposible voltar se non fora polo cable guía. 

A volta non pode ser máis animada. Cando un chega á saída, á procura do aire fresco, a luz, e os verdes e vellos bosques do Courel, dánnos novamente a luz, máis alá daquela escuridad abisal. Pero, habemos voltar, porque as covas galegas aínda gardan moitos segredos.

 

None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

11 Raúl

espectacular... ignoraba estes misterio da nosa terra... ónde podería atopar máis dados sobor das covas do Caurel?

10 ec/dc

Si alguien está interesado en la historia de las exploraciones-trabajos en la cueva de la Ceza, incluido el lago GESA, puede acceder a http://ecdc-fge.blogspot.com/2010/1...

9 Gallego

Para quien no entienda el idioma gallego, podeis consultar este mismo artículo en castellano en la edición pirata de GC LOL!

8 caurelao

por favor non adei tocando o nabo, non expoliemos o Courel, deixade as covas que segan ocultandose como o fixeron ata agora e asi están de chulas, pero vades acabar destrozandoas

7 Xurxo Gago

Moitas gracias polos vosos comentarios. Dende logo entrar en covas ou en calqueira outro sitio ou actividade con perigo, barrancos, buceo, debe facerse cas medidas e experiencia necesaria. Do mesmo xeito, a conservación de calqueira resto paleontolóxico depende en maior medida da educación, noutros países podes atopar louza enteira romana onde a deixaron, imaxinádesvos eso mismo eiquí? no Barbanza? non duraría nin un minuto. O problema non soe ser a cantidade de xente senón a educación e os valores de concienciación e de preservación do medio, na miña opinión.

1 coruñés

Ten vostede toda a razón. E porque a súa asociación non da cursos de concienciación nesta materia e mesmo axuda aos galegos a coñecer mellor o que teñen?

2 Xurxo Gago

Si, de feito sí o facemos. Obradoiros de educación ambiental e saídas con xuventude cruz vermella etc... e agora estamos centrados en chegar a máis xente mediante o noso blog:blogueiros.axena.org, pode vostede consultado e ver os nosos contidos e o de outras asociacións de galicia, españa, internacional e cousas curiosas e interesantes da ciencia, da natureza e da tecnoloxía.

3 Sonia V. Domínguez

Yo también estoy interesada. Ya vi vuestra web pero supongo que lo importante es concienciar en las escuelas. ¿Teneis algún programa con ayuntamientos o instituciones para la educación en el ámbito infantil?. Yo soy profesora y lo veo muy interesante. Y sino es así es una vía que debeis explorar. Ánimo con la propuesta y las actividades que haceis que es muy interesante.

4 Xoán Paulo

Moi interesante, a vosa exploración e a noticia. Tendo visitado eu mesmo esa cova (e outras), quedei sen embargo sorprendido de que se organicen excursiós escolares á Cova da Ceza, xa que é unha cova de enxurrada, de enchenta, tal e como lembran os veciños que nalgunha vez se produciu. En síntese, non me parece unha cova recomendable para meter nela ducias de pícaros. Non dubido que seña emocionante para os rapaciños, pero é perigosa.