O que agochan as covas do Courel

Galicia agocha auténticas marabillas. As covas do Courel, por exemplo, están cheas de achados que están cambiando a historia de Galicia. Alí hai restos de mamuts, de tigres de dentes de sable e osos das cavernas, ademais dos ósos dos primeiros homes do país. O presidente de AXENA, Xurxo Gago, cóntanos o que alí hai tras baixar a un lago abisal localizado 700 metros montaña abaixo. Vídeo no interior.

Por Galicia Confidencial | O Courel | 28/11/2010 | Actualizada ás 01:33

Comparte esta noticia

Por Xurxo Gago, presidente de AXENA

None


Lago cueva de A Ceza from Axena on Vimeo.


Unha nova Prehistoria

O grupo espeleolóxico Maúxo, comandado por Marcos Vaqueiro, e o Instituto Isidro Parga Pondal con Xosé Ramón Vidal Romaní e Aurora Grandal á cabeza, están a descubrir un patrimonio agochado no inframundo, unha riqueza patrimonial que cambia e precisa a Prehistoria e aínda épocas máis antigas de Galicia.

Aí foi onde se descubriron os primeiros restos humanos, de hai 9.000 anos, os máis antigos ata a data atopados en Galicia ou a datación duns osos de Ursus speleaeus; o oso das cavernas, úrsido herbívoro dun tamaño moito maior que o oso pardo, miles de anos despois que a data que ata a de agora se pensaba que se extinguiran en Europa.

Os proxectos de AXENA (Asoc. Xuvenil para o Estudio da Natureza), sempre van ligados  á natureza e á tecnoloxía para fomentar con contidos audiovisuais innovadores co obxectivo da súa conservación.   Neste caso, da man dos Maúxos, adentrámonos cada vez máis nas escuras covas do Courel. A nosa paixón polo buceo en colaboración doutros compañeiros, coma Gonzalo Mucientes, Jose Irisarri e Marcos Cabeza empuxounos a bucear nun lago terminal, unha fonte case que abisal alá… nas entrañas da terra. A uns 700 metros ó interior da montaña. Augas xélidas, tan só 9ºC (o día máis frío no mar son uns 12ºC), pero así como son de frías, así é de belo é  ese lugar. Naquelas augas pode haber especies descoñecidas, animais de fios estranos, bechos extinguidos e troglodíticos, de escaso metabolismo nese ecosistema con tan pouco aporte de enerxía.

Lagos abisais

A tarefa non foi sinxela, desprazar a 700 metros, montaña abaixo, máis de 300 quilos de material ata a beirado lago en cuestión de menos de 3 horas. Todo, a través dun río subterráneo case conxelado que pon a un ó límite das súas forzas. Botámonos á auga, a esas cristalinas augas, tanto, que se sente vértixe, e chegamos a pensar que entre un e o chan non hai auga, é coma se houbera aire. Entón sentes que te vas a esnafrar contra o chan en calqueira instante.

 O frío devólveche rápidamente á realidade. Coma coitelo, a auga corta a pel, esa pequena zona que queda sen tapar entre as gafas e o traxe de neopreno. Os buzos a pulmón, tras axudar a definir a inmersión e o percorrido, deixan paso aos buzos con botella  para que se mergullen. Un pozo escuro afúndese debaixo de nós, as nosas lanternas non permiten distinguir o fondo. Só escuridade. Mergullamonos cara ó fondo, ata uns 13 metros de profundidade. Pero ese pozo segue cara abaixo, máis alá do que amosan os nosos potentes focos, máis de vinte metros cara abaixo nesas limpas augas. E ese é o engano da cova. Porque, por riba dos buceadores, unha inmensa e tupida nube erguese ó seu paso, as paredes desprenden un fino limo e arxilas que entran en suspensión volvendo marróns e escuras  aquelas augas.

As luces da beira do lago son imposibles de distinguir. Desorientannos e sería imposible voltar se non fora polo cable guía. 

A volta non pode ser máis animada. Cando un chega á saída, á procura do aire fresco, a luz, e os verdes e vellos bosques do Courel, dánnos novamente a luz, máis alá daquela escuridad abisal. Pero, habemos voltar, porque as covas galegas aínda gardan moitos segredos.

 

None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

6 Pinganilla

Galicia debe de ser el único país del mundo en el que no hay una cueva abierta al público para visitas controladas y en las que la gente no estropee nada y en cambio aprenda mucho. Por eso hay grupos de gente que, en plan "turismo de aventura" se dedica a "explorar" cuevas, estropear sin querer -o queriendo- formaciones de miles de años y remover yacimientos en busca de Ataporquiñas. Es decir: no toda la gente se acerca a estos medios con la preparación adecuada, pero también es de justicia que las cuevas no se queden reservads para unos pocos privilegiados. Por eso es interesante que de una vez se abra una cueva al público, ofreciendo información y formación, para que todo el mundo pueda conocer y valorar el medio subterráneo y no lo destroce.

1 Catuxa

Ou falas sen saber ou queres só crear polémica pero xa hai covas abertas ao público e moi fermosas, por certo, como son as do Rei Cintolo en Mondoñedo. Así que non botes a lingua a pacer sen saber

2 pinganilla

Me alegro de saberlo. Mis últimas noticias indicaban lo contrario: la paralización de la apertura de la cueva y de la construcción del centro de interpretación. Si como dices, esta u otra cueva ya es visitable en condiciones adecuadas, retiro lo dicho. Por otra parte no veo por qué iba a crear polémica con lo que dije: supongo que todo el mundo estará de acuerdo en que hay mucho excursionista que por ignorancia destruye aquello de lo que no conoce su valor irrepetible.

5 Rouco

¿De quen é a música do video? Gosto dela.

4 Carmiña

Galicia ten moitos tesouros e este é un deles. Habería que invertir cartos para coñecer máis sobre o noso pasado e para preservar espazos como os que apunta aquí o señor Xurxo GAgo.

3 Carlos

Muy buen reportaje. Me ha gustado mucho. No sabía que Galicia escondiera lagos a 700 metros y restos de mamuts en las cuevas del Courel. ¿Cómo se puede visitar eso?

2 Alfonso García

Vaia sitios por descubrir! Pero imaxino que será só para espeleólogos profesionais, que non se poderán visitar eses lugares de calquera xeito... Eu coñezo o caso da cova máis grande de Galicia (disque, a do Rei Cintolo, en Mondoñedo) na que tiveron que pleitear os da federación de espeleólogos para que o alcalde do PP de hai uns anos non a voara por dentro para poñerlle pasarelas e facela "accesible" a todo quisqui. Dáballe o mesmo que houbera morcegos protexidos, o caso era traer turismo fose como for!