Cando o Prestige supuxo “a doma e castración” do galeguismo no PPdeG e a chegada de Feijóo como sucesor

Un informe realizado polo Goberno de Madrid sobre o panorama político e mediático realizado uns meses despois do afundimento do Prestige destacaba a división interna entre os da boina, representados en Xosé Cuíña, e os do birrete, representados por Romay Beccaría. Tamén criticaba a falta de control da información e apostaba por iniciar unha política mediatica de “subvenciones” e de entrevistas personales cos directores de varios medios, entre eles, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou El Correo Gallego.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 14/11/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“Un goberno frágil y con contrapoderes internos”.  Así describía a situación da Xunta de Fraga un informe sobre o panorama político e mediático realizado uns meses despois do afundimento do Prestige para consumo interno dos dirixentes do PP na Xunta e no Goberno central. É máis, fala directamente das diferencias que existían dentro do Executivo galego entre os que criticaban o peso e a intervención de Madrid no conflito e reclamaban unha maior autonomía, encabezados por Xosé Cuíña, e os que apoiaban sen fisuras a posición de Madrid, especialmente o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, e lideraba o sector de José Manuel Romay Becarría.

Feijóo e Xose Cuíña durante o último goberno de Fraga
Feijóo e Xose Cuíña durante o último goberno de Fraga

De feito, este documento amosase moi crítico coa figura de Manuel Fraga, presidente da Xunta naquel momento, a quen se acusa de non saber manexar ben a situación. "En sólo dos semanas pasó de representar las virtudes del trabajo y la intermediación eficaz a aparecer como un elemento pasivo, más preocupado por mantener el equilibrio interno de poderes en el PP local que por defender los intereses de Galicia".

Precisamente, durante eses meses da xestión da crise  –dirixida directamente polo ex ministro franquista Martín Villa como comisario especial de Madrid-- , as posturas dentro do Goberno galego foron a máis. "Se percibe la idea de que las condiciones físicas del presidente se contradicen con la necesaria eficacia en la gestión del problema, en un proceso en el que la apariencia personal trasluce la idea de desbordamiento político que los analistas le atribuyen a la Administración", recolle este documento ao que tivo acceso Galicia Confidencial en exclusiva. 

O informe vai máis alá e suliña, moi visualmente que, "el hundiminto del Prestige está haciendo aflorar la idea de que el PP vive un proceso de sucesión tardío y mal controlado, que aparenta estar dirigido por Manuel Fraga, pero que en realidad responde a una lucha entre algunos barones que se disputan ya el post-fraguismo". Por iso, advirte que en ese contexto "se hace muy difícil" a recuperación do liderato político e social.

Cese de Cuíña e chegada de Feijóo

O por entón ministro de Defensa, Federico Trillo-Figueroa, na Illa de Ons en decembro de 2002, durante a marea negra do 'Prestige'
O por entón ministro de Defensa, Federico Trillo-Figueroa, na Illa de Ons en decembro de 2002, durante a marea negra do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.

E mesmo vai un paso alá ao criticar a Cuíña e ao ex conselleiro de Medio Ambiente, Carlos del Álamo, pola súa "práctica desaparición a pesar de ser los más implicados", mentres que "la responsabilidad se deriva hacia la Fundación Arao y la conselleira Corina Porro", que representaba a outra facción do goberno galego. Con todo, e posto que este informe foi encargado polo Goberno español, non hai críticas severas á actuación deste executivo

Curiosamente, pouco despois deste informe, Fraga cede ás presións de Madrid e releva a varios dos seus conselleiros, entre eles, Cuíña e del Álamo.  Tamén o fixeron as conselleiras de Asuntos Sociais e Familia, Corina Porro e a de Asuntos Sociais, Manuela López Besteiro, así como o de Xustiza, Antonio Pillado.  Cuíña e del Álamo foron defenestrados, mentres que para Porro e López Besteiro, do sector do birreto, buscouselles ás candidaturas ás alcaldías de Vigo e Lugo. Comezaba o que este cronista denominou entón “a doma e castración do reino galeguista” do PP. Unhas dimisións que, por outra banda, non tiveron lugar no Goberno de Madrid, que era o que directamente xestionaba a crise.

Ademais, a marcha de Cuíña veu acompañada pola chegada ao importante departamento de Obras Públicas de Alberto Núñez Feijóo, entón responsable de Correos. Unha chegada propiciada polo propio Romay Becaría, con gran influencia en Madrid, e á que lle deu o visto bo Mariano Rajoy, entón vicepresidente con Aznar. 

Política mediatica e control da información

O documento non dubida en sinalar que a política institucional "es mala" desde el principio. "Lo es en relación con la prensa, donde la estrategia apunta hacia la desinformación y la consecución de un  modelo de información favorable".

"En términos sustantivos, y con independencia del juicio que merezca la gestión efectiva de la crisis, el problema derivado del hundimiento del Prestige no fue correctamente valorado ni en términos políticos y sociales, ni en términos económicos. Y esa infravaloración produjo un retraso en la respuesta gubernamental que derivó en el divorcio efectivo entre la sociedad civil, por una parte, y el Gobierno de la Nación y la Xunta, por otra", recolle.

Tampouco o control de certos medios de información axudou a manexar a situación, especialmente, "la TVG, TVE, El Correo Gallego, etc", porque se converteron en "pura contradicción de otros" coma a Cadena Ser, El País, la Voz de Galicia ou Telecinco. "Y esto aumenta la sensación de que el Gobierno y la Xunta tienen más interés por ocultar el problema que por resolverlo".

"Esa actitud, además de agrandar la distancia entre la sociedad y el poder, generó un discurso parcial que, especialmente en los primeros días, sembró la sensación de desinformación, dando lugar a la aparicióin de liderazgos informativos --la Voz de Galicia y la Cadena Ser, especialmente-- y de liderazgos sociales --plataforma Nunca Máis-- que dificultan ahora la recuperación del liderazgo institucional en la lucha contra la marea negra y sus efectos", engade este documento ao que tivo acceso GC.

Todas estas afirmacións fanse menos de dous meses despois do desastre. Por iso, e para reconducir a situación, o informe propón varias estratexias, entre elas, a información á oposición --BNG e PSdeG--, "conjunta o por separado, realizada en términos formales" ou a comparecencia nos medios de comunicación para "romper la idea de ocultación o tergiversación de los hechos".

Cambio da liña editorial dos medios 

E para iso, apostase por unha "redefinición" do modelo informativo, tanto cos medios públicos coma cos privados. Neste sentido, insistese en que hai que manter unha "batería de reuniones personales" cos directores de medios como La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou El Correo Gallego. "Todo ello habría de realizarse de inmediato", apunta.

Unha estratexia que comezaría a funcionar pouco despois cun cambio completo nas liñas editoriais dos principais medios galegos e que, curiosamente, coincidiu con inversións millonarias en formas de subvencións en moitos destes medios tal e como publicará GC en vindeiras reportaxes.

Voluntarios limpan rochas contaminadas polo chapapote do 'Prestige'
Voluntarios limpan rochas contaminadas polo chapapote do 'Prestige' | Fonte: Miguel Núñez.
Unha das visitas que Rajoy fixo a unha praia afectada polo verquido do Prestige
Unha das visitas que Rajoy fixo a unha praia afectada polo verquido do Prestige | Fonte: aquiconfidencial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 XanKaraLlás

A solución, coma sempre, témola os galegos nas nosas mans, todo depende dos nosos votos. Se queremos merda, como ata o presente, non nos queixemos porque é responsabilidade de todos nós. Deixemos de votar co cu e deixaremos de colleitar merda.

3 laura

Hasta cuando por ser mujer tienes que aguantar el acoso, miedo, a menos que entres en sús chistes de sexo y insinuaciones por parte de el subdirect de el banco de terras, con la conivencia de secretaría de agader, y Director, x. conselleira y la fiscalía que está solo para 155

2 laura

Hasta cuando por ser mujer tienes que aguantar el acoso, miedo, a menos que entres en sús chistes de sexo y insinuaciones por parte de el subdirect de el banco de terras, con la conivencia de secretaría de agader, y Director, x. conselleira y la fiscalía que está solo para 155

1 Vijo

Una doma y castración muy insuficiente. La Famiglia Baltar sigue dominando Orense, a pesar de que el viejo fue inhabilitado, su hijo está procesado por el asunto de pedir sexo a cambio de trabajo en la Diputación, y la actual nuera acaba de ser condenada a un año de cárcel por falsificar firmas. A los Cacharro se les dejó jubilar sin muchos problemas. El único que recibió algo de castigo fue el de Lalín, cuyas prácticas ya eran escandalosas y encima con alardes de virrey. No fue gran cosa, pero como se creía dios...