Comeza o ciclo de cine «Cinema de outono» en Lugo e Ourense

Un total de cinco películas en cada cidade conforman este ciclo con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 14/11/2017 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Afundación pon en marcha este martes o ciclo de cinema «Cinema de outono» nas súas sedes de Ourense e Lugo coa proxección, na primera destas cidades, do filme Across the universe, e da cinta  Yves Saint Laurent, na segunda delas. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.  

Sala de cinema
Sala de cinema

Todos os filmes que conforman este ciclo viran en torno ao mundo das artes e están protagonizadas por referentes da fotografía, a música, o cinema, a escultura e a moda.

Across the Universe (2007), de Julie Taymor, é un musical romántico ambientado nos Estados Unidos dos anos sesenta, entre as manifestacións en contra da guerra, as viaxes espirituais e o rock and roll. No medio desta situación, os protagonistas Jude e Lucy vense involucrados nas protestas que sacoden a súa cidade. 

As seguintes sesións programadas dentro deste ciclo na Sede Afundación de Ourense serán o 21 de novembro coa proxección de Camille Claudel 1915, o 28 de novembro con Yves Saint Laurent, o 12 de decembro con Hitchcock e pecharase o 19 de decembro con Retrato dunha obsesión.

Yves Saint Laurent (2014), de Jalil Lespert, é un filme francés ambientado en París en 1957, ano no que comeza a lenda de Yves Saint Laurent cando, aos seus 21 anos, recibe o encargo de supervisar a gran casa da moda fundada polo falecido Christian Dior.

As seguintes sesións programadas dentro deste ciclo na Sede Afundación de Lugo serán o 21 de novembro coa proxección de Retrato de una obsesión, o 28 de novembro con Hitchcock, o 12 de decembro con Camille Claudel 1915 e pecharase o 19 de decembro con Across the universe. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta