Temas: EDUCACIóN XUNTA

Un grupo de activistas estudantís ocupan simbolicamente a Consellería de Educación

Despregaron unha faixa co lema “Por unha Lei Galega de Educación” para chamar á participación na folga xeral deste xoves.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2017 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Un grupo de estudantes ocuparon, esta mañá e de xeito simbólico, a Consellaría de Educación, despregando desde unha fiestra do segundo piso unha faixa na que se lía “Por unha Lei Galega de Educación. Folga 16 de novembro”. 

Faixa reivindicativa colgada do edificio de Educación na Xunta para reclamar unha lei galega de educación
Faixa reivindicativa colgada do edificio de Educación na Xunta para reclamar unha lei galega de educación | Fonte: Erger Galiza

Após saíren do edificio, unha das estudantes presentes na ocupación, Iria Figueroa, explicaba que a acción tiña o obxectivo de “reclamar a recuperación do debate sobre o modelo de ensino que a comunidade educativa vén reivindicando activamente nas aulas e nas rúas durante os últimos anos”. 

“Unha vez máis, as estudantes deste País, mobilizámonos este xoves 16 de novembro para rexeitar as nefastas políticas educativas que nos veñen dadas após seren negociadas por persoas externas á nosa comunidade que pouco saben, ou pouco lles interesan as nosas necesidades”, apuntou esta representante estudantil nun comunicado.

Así, esixiu unha alternativa ao modelo educativo “privatizador, segregador e clasista que representa a LOMCE”. “Queremos poñer sobre a mesa a alternativa pola que apostamos: unha Lei Galega de Educación construída por e para a comunidade educativa deste País”, engadiu. Este xoves hai folga convocada na educación para rexeitar, precisamente, a LOMCE e pedir unha lei galega en educación.

Temas: EDUCACIóN XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta