A USC restrinxe as visitas turísticas á Facultade de Xeografía e Historia tras protestas dos estudantes

A Universidade de Santiago regulará as visitas á biblioteca para facilitar o estudo e tarefas de investigación á comunidade universitaria, logo de que os estudantes denunciasen os problemas que lles causan as visitas a este centro.

Por Galicia Confidencial | Samtiago de Compostela | 14/11/2017 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

As protestas dos estudantes tiveron efecto. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) decidiu restrinxir as visitas á biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia, un dos seus elementos patrimoniais máis senlleiros, co fin de facilitar o estudo e tarefas de investigación á comunidade universitaria. 

Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago
Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago | Fonte: USC.

Será unicamente o alumnado e o persoal da USC quen poida acceder á biblioteca, que tamén se mostrará a visitantes alleos á institución a través do programa de Visitas Guiadas ao Patrimonio Histórico da USC que xestiona a propia universidade e que contempla dúas visitas diarias en horarios de baixa incidencia na actividade cotiá do centro, informa a institución académica.

A pasada semana, a organización estudantil Acción Universitaria puxo en marcha a campaña 'Tourist go home, unha USC para os estudantes' para protestar porque a biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago "se ofrece como un obxecto turístico".

Os alumnos dixeron estar "fartos das "molestias" derivadas das visitas durante o seu estudo e, á vez, "numerosas deficiencias" na electricidade e a conexión a internet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta