Xornada en Ciencias Económicas sobre o acceso ao mundo laboral

Participarán Cándido Cancelo, CEO de BMC Desarrollo Industrial y Mobiliario e Alberto Varela, socio de Servitalent.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 15/11/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Alumnado de último curso así como de doutoramento son os destinatarios do encontro ‘Da universidade á empresa’ que organizará a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

O curso abordará o uso empresarial das redes sociais
O curso abordará o uso empresarial das redes sociais

A vicedecana desta Facultade Loreto Fernández e o director da Zona Noroeste de APD, Santiago Sesto, inaugurarán a xornada este venres 17 nun acto ás 11.00 horas. 

Deseguido comezarán a quenda de intervencións coa participación de Cándido Cancelo, CEO de BMC Desarrollo Industrial y Mobiliario, e de Alberto Varela, socio de Servitalent. Falarán sobre a busca de emprego, o traballo en equipo, a negociación, a xestión do risco, a utilización das redes sociais, novas formas de traballo na era dixital, xestión de clientes, liderado  ou a definición dunha marca persoal, entre outros moitos temas. A inscrición así como o programa completo da xornada está dispoñible na web conmemorativa do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta