O irmán do Che cre que a decisión de Puigdemont de marchar a Bruxelas é "pouco guevarista"

"Humanizará" a figura do comandante: "Aínda que tivo as armas nas mans, a súa actividade como dirixente fundamentalmente é o seu pensamento".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/11/2017 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

Juan Martín Guevara, o irmán máis novo do Che, acolleu con "sorpresa" que o expresident de Cataluña Carles Puigdemont e catro exconsellers marchasen despois da declaración unilateral de independencia cuxo texto se acordou no Parlament e encadrouno nunha actitude máis propia dun "político" que dun "dirixente".

Comparecencia de Carles Puigdemont en Bruxelas seguida en directo dende as rúas de Barcelona
Comparecencia de Carles Puigdemont en Bruxelas seguida en directo dende as rúas de Barcelona | Fonte: Miguel Núñez.

"A diferenza entre o dirixente e o político é que un confía no dirixente porque vai adiante e até o último; e os políticos é como que sempre (esperan) que haxa alguén que vaia diante e logo vexo o que fago", manifestou, en declaracións a Europa Press, Juan Martín Guevara, ao ser preguntado pola situación catalá e se neste caso cumpriuse a lema 'Até a vitoria sempre' do seu irmán. "É pouco guevarista", reafirmouse o pequeno dos irmáns Guevara sobre o feito de que tanto Puigdemont como catro exconsellers se teñan ido á capital europea.

Juan Martín Guevara admite que lle "sorprendeu" esta situación e, aínda que indicou que non coñece os detalles do proceso para a independencia catalá, advertiu, en declaracións a Europa Press, de que "hai que dar exemplo" (desde a política, cando es un dirixente).

"E se levaches as cousas até aquí, aquí sigo, non?", expuxo. "Entón, aguántome coa que veña, non?, porque entón es político (non dirixente)", seguiu o irmán pequeno do Che, quen argumentou a súa postura en que os exdirigentes do Govern teñen intención de seguir na primeira liña política.

"POUCO GUEVARISTA"

Juan Martín Guevara (1943), que estivo preso oito anos durante a ditadura militar arxentina pola súa militancia no Partido Revolucionario dos Traballadores (PTR) e que dirixe unha fundación dedicada a difundir a figura do seu irmán, censurou a actitude de "como non puidemos, ímonos". "É pouco guevarista", manifestou.

Juan Martín Guevara, irmán do Che, en rolda de prensa con Agora Galiza
Juan Martín Guevara, irmán do Che, en rolda de prensa con Agora Galiza | Fonte: Europa Press

Previamente, en rolda de prensa, diferenciara os procesos de independencia dos países latinoamericanos da situación catalá, aínda que non quixo entrar a analizar o procés, aínda sen coñecer os pormenores. "Vexo difícil comparar a independencia (de Arxentina) coa de aquí", manifestou, a preguntas dos xornalistas.

De todos os xeitos, considerou que a "independencia" de Arxentina "é formal" e puxo como exemplo diso a dependencia de empresas de fóra (como bancos ou compañías telefónicas), non só españolas, senón de Alemaña ou Estados Unidos, entre outros países.

"HUMANIZAR" AO CHE

Juan Martín Guevara veu a Galicia no marco das actuacións polo 50 aniversario do asasinato do Che e da man de Agora Galiza, "organización socialista e feminista de liberación nacional", que a través do seu portavoz, Carlos Morais, fixo seus as lemas de Che para a causa "independentista" galega.

No seu percorrido por Galicia, onde ofrecerá conferencias en Vigo (mañá), Santiago de Compostela (xoves) e A Coruña (venres), tratará de "humanizar" a figura do Che, máis aló da súa loita como comandante.

Así, na presentación das conferencias contou unha serie de episodios da vida de Ernesto antes de ser o Che e relatou como facía o que se propuña e o que dicía, unha das calidades que considera que o definen.

"Crítico e autocrítico" son outras das calidades que definen, dixo, ao seu irmán, de quen leu pasaxes nas que se plasma a súa personalidade, incluído o "humor", unha característica que, engadiu, reinaba na súa casa.

Tamén citou, de entre as 4.300 páxinas de documentos escritos por el (tamén na súa faceta de poeta), as súas palabras nas que aseguraba que "cría na loita armada para lograr os obxectivos" revolucionarios. "Non foi como aquel guerilleiro e loitador e punto; falar do seu pensamento non quita que foi un loitador. Aínda que tivo as armas nas mans en Cuba, Bolivia, no Congo, a súa actividade como dirixente fundamentalmente é o seu pensamento", remarcou o seu irmán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

10 anonimo

USA non é para nada un modelo a imitar. En ningún sentido. En USA, por exemplo, as liñas de tren son privadas e o servicio de ferrocarril de pasaxeiros é moi escaso, e nada do outro mundo, bastante peor que en Galicia, onde temos liñas nas que se superan os 200 km/hora ( Santiago - Ourense) cousa que non ocurre en USA, con moitas ciudades sen servicio de tren. O capitalismo salvaxe tipo USA produce unhas diferencias sociais brutais, e unha falta de servicios públicos patética. Cuba exporta soliraridade cobrando, claro, en efectivo ou con intercambios comerciais ventaxosos e a base de pagarlle pouco aos médicos que exporta. E o PIB non é automáticamente un reflexo de benestar. ! E estáchese acabando o repertorio de insultos, non sei que vas facer cando remate de todo !

9 anonimo

Moitos dos países do terceiro mundo non teñen moitos recursos , nen man de obra barata . Haití é o mais probe de América, o que ten un nivel de vida mais baixo, a República Dominicana está moito mellor que Haití, ( gracias ao turismo ) e penso que algo mellor que Cuba. A cuestión é que, coma os sistemas comunistas fracasaron, os que viven nos poucos países comunistas que quedan, os proletarios " téóricamente liberados",libres da explotación do empresario, viven moito peor que no primeiro mundo. O experimento de Venezuela, o " socialismo do século XXI" ( nacionalización de empresas que rematan sendo moi deficitarias, o que obriga a emitir moito diñeiro o que leva a sua vez a hiperinflación, de mais do 500 % anual) fracasou, e iso en Venezuela, un país moi rico en petróleo, e sen demasiada poboación para a extensión do país: ahí non hai expolio de recursos polos de fora, nen explotación de man de obra por Inditex, e houbo tamén fracaso.

1 Requeixado

A túa teima é a dun falabarato, disimula a túa iñorancia. PIB per capita República Dominicana: 6 722,22 USD (2016); Cuba: 7 602,26 USD (2015); Jamaica: 4 868,25 USD (2016); Haiti: 739,60 USD (2016). Datos oficiáis! Non falemos da sanidade nin da educación, onde Cuba exporta solidariedade! No primero mundo vivimos mellor a contra de ter escravos e consentir o expolio do terceiro, e ti sen enterarte. Por certo, no teu modelo capitalista: USA ten un analfabetismo do 17% (máis de 16 millóns de persoas) e unha cobertura sanitaria que deixa fóra a 24 millóns de persoas, con 45 millóns en risco de pobreza e a metade en pobreza extrema. Entendo, co teu elevado nivel intelectual e moral, que estás a favor do paraíso dos analfabetos!

8 xj8w

A cuestión é que as mortes de nenos no terceiro mundo( unha salvaxada) son consecuencia, mais ben do atraso e da falta de recursos que do dichoso capitalismo. Eu non " ladro" contra os que loitan pola igualdade, digo que algúns dos que loitan pola igualdade provocaron millóns de mortos ( moitisimos mais dos nenos que desgraciadamente morren de fame) e a igualdade que conseguiron foi a igualdade na miseria. En Cuba son ( case) todos iguais,claro, pero a base de que todos gañen 20 euros ao mes: En Cuba simplemente o Estado non ten recursos para facer frente a todo, e como non hai sector privado, o resultado e unha situación moi precaria. Hoxe a miseria está no terceiro mundo, e ahí os sistemas comunistas, para variar, tamén fracasaron: é o que pasou en Tanzania ou Etiopía. .Berra o que queiras, os sistemas comunistas fracasaron económicamente e causaron mais de 50 millóns de mortos.

1 Requeixado

Imos ver, sabes multiplicar: 6.400 nenos mortos de fame por día nas estimacións máis baixas x 365 días x poñamos últimos 25 anos. De verdade, sabes multiplicar? E queres sumar adultos? Non son capitalistas, e logo que son? Falta de recursos ou expolio? Onde está a man de obra barata, a do milagro de Inditex, a da pesca con escravos, as minas de metáis e que che permiten usar pantallas e mobiles, petróleo e gas, as madeiras, os cereais que alimentan humanos e gando do primero mundo...? Ben, semella que che proe Cuba, non vou defender un sistema autoritario, mais... Olla a contorna: están mellor en Haiti ou en República Dominicana? Comunistas non serán? E mellor non viven!

7 anonimo

Respondendo a Requeixado. Hai unha diferencia. As carnicerías de Stalin e Mao ( unha mente prodixiosa que declarou " contrarevolucionarios" aos gorrions, exterminounos e provoucou con eso unha enorme plaga de insectos) son reais; pero a descripción apocalítica da realidade actual ( millóns de mortos de fame - ¿ donde, en qué sitio? - pobos asoballados, etc ) ten mais de descripción panfleteira do século XIX que do XXI. Hoxe, salvo catástrofes, en ningures, mesmo na India, non hai " millóns" de mortos de fame. E o socialismo real machacou medio ambiente ( desecación lago Aral, Chernóbil). O mundo quedou escaldado dos sistemas comunistas, pero os fieles que quedan teñen que seguir creendo neles, ainda que fracasaran en todo o mundo e provocaran millóns de mortos. E, ainda por riba, tentan culpabilizar aos que non comulgan con eso dicindo que son reaccionarios: xa que logo, se os que non son comunistas son reaccionarios, casi toda humanidade é reaccionaria.

1 Requeixado

"8.500 niños mueren cada día por desnutrición severa" El Mundo. "Unicef España, ha incidido que 19.000 niños mueren cada día por causas evitables, un tercio de ellos (6.400) por hambre" El País. "795 millones de personas pasan hambre en el mundo" el diario.es. "Cada año mueren en el mundo 5,6 millones de niños" (datos de Unicef) 20minutos.es... Para que seguir, a sensibilidade ou se tén completa ou está atrofiada do lado que che convén! E ti es un provocador reaccionario, moi servil cos explotadores, por iso como bon canciño obediente co amo, ladras contra os que loitan pola igualdade !

6 anonimo

O de sempre, cando non hai argumentos, insultos a esgalla. ¿ Son mentira os 45 millóns de mortos de fame en China , o millón de mortos en Camboia, ou os doce millóns de mortos nas purgas de Stalin? ¿E mentira que en Cuba a xente gana 20 euros ao mes e que non pode sair do pais? ¿ E mentira todo eso ? Pois deso é o que compre falar, non tentar facer calar aos demais con argumentos " ad personam", é dicir con insultos. Cando non se sabe qué decir, insúltase. E téntase seguir vendendo a moto, coma se nada houbese pasado, de sistemas fracasados e que provocaron millóns de mortos. A verdade proe.

1 Requeixado

E imos darche a razón nas túas verdades. Agora ben, por que non colocas á par os crimes do capitalismo? Os millóns de mortos por fame aínda nos nosos días, guerras provocadas para expoliar, escravitude en pleno século XXI, asoballamento de pobos, culturas e do medio, facendo perigar o planeta? Os proletarios do primeiro mundo melloraron polo medo dos amos a que se ampliara o comunismo ou concederon beneficios graciosamente aos obreiros? Hai avances agora ou retrocesos nos dereitos laborais perdido o medo ao comunismo? Fracasou o modelo, a aplicación dun modelo, ou fracasaron os aplicadores? Debe aspirarse a unha revolución ou temos que apandar? No fondo, a aspiración revolucionaria é lexítima ou ti es un reaccionario que disfrutas co sometemento das maiorías para beneficio duns poucos?