Abanca lanza un novo servizo para captar clientes que permite abrir unha conta bancaria por videoconferencia

Abanca lanzou a nova Cuenta Clara desde o móbil, coa que permite que calquera persoa poida facerse cliente, abrir unha conta en cuestión de minutos e empezar a operar ao instante.

A CORUÑA | 14/11/2017 | Actualizada ás 15:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Abanca lanzou a nova Cuenta Clara desde o móbil, coa que permite que calquera persoa poida facerse cliente, abrir unha conta en cuestión de minutos e empezar a operar ao instante.

Abanca presenta na Coruña un novo servizo para captar clientes.
Abanca presenta na Coruña un novo servizo para captar clientes. | Fonte: Europa Press

Na Coruña, o director de Innovación de Abanca, Eduardo Aldao, e o xerente de Abanca Dixital, Javier Díaz, presentaron aos medios de comunicación o novo servizo da entidade financeira para facerse cliente.

O novo produto baséase nun innovador procedemento de verificación da identidade do cliente mediante o recoñecemento facial e unha chamada por videoconferencia.

Este novo servizo, exclusivo para novos clientes online, "permite abrir unha conta en menos de dez minutos", sinalou o xerente de Abanca Dixital, que explica que este produto aforra tempo aos clientes e permite facer xestións desde calquera lugar.

POTENCIAR A DIXITALIZACIÓN

A condición é que o cliente contrate esta conta, sen gastos nin comisións, a través da canle online do banco. A intención da entidade é potenciar a dixitalización. Só se necesita o documento de identidade e cobertura para facer unha videochamda.

O interesado só terá que descargarse a aplicación móbil de Abanca, seleccionar que aínda non é cliente e seguir os seguintes pasos: capturar o seu DNI, encher os datos, responder a unha videoconferencia e verificar o proceso por email.

É un sistema, di Aldao, que "combina tres factores complexos: experiencia de cliente, seguridade e regulación".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

sen gastos nin comisións... ata cando? cando xa esteas dentro cambiarán as condicións!

1 Lucía Sanz

Vaya paso de gigante dio Abanza en este día, hasta día de hoy ningún banco habría permitido abrir una cuenta bancaria sin estar personarmente en una sucursal física. Gracias a dios con los CRM gratuitos como los de https://crm-gratuito.com/ hoy en día ya es posible poder tener una gestión de clientes de la empresa sin tener que estar en persona en la sucursal. Un gran avance de la tecnología.