Ferido grave un operario ao caerlle unha pedra enriba dunha perna en Beariz (Ourense) mentres manexaba un guindastre

Un operario resultou ferido esta tarde en Beariz, no lugar de Magros, ao caerlle unha pedra enriba da perna mentres manexaba un guindastre.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2017 | Actualizada ás 20:19 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido esta tarde en Beariz, no lugar de Magros, ao caerlle unha pedra enriba da perna mentres manexaba un guindastre.

Segundo informa o 112 Galicia, debido á gravidade das feridas do traballador, o 061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense até o lugar do accidente laboral.

Foi o propio accidentado quen alertou ao 112 ás 17,30 horas. Indicaba que sangraba moito pola perna. Foron avisados, entre outros, Garda Civil e Protección Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta