Cal será o futuro do galego?

Un libro presentado polo Consello da Cultura Galega aborda as únicas posibilidades que lle quedan ao idioma para afrontar un incerto futuro que pasa polos “neofalantes” e os “puristas”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/11/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Unha nova publicación do Consello da Cultura Galega (CCG) aborda os fenómenos relacionados co cambio lingüístico da lingua galega na sociedade actual, recompilando 11 artigos de investigación que aborda o futuro do galego e trata cuestións como os 'neofalantes', o 'purismo' na defensa do idioma ou a influencia e o contacto co castelán.

Manifestación da plataforma 'Queremos Galego'.
Manifestación da plataforma 'Queremos Galego'.

Nun  destes artigos,  o inicial, Johannes Kabatek cualifica o galego como un "interesantísimo laboratorio lingüístico", sobre a deriva do seu contacto co castelán, os 'neofalantes', o purismo e as posibilidades do futuro do idioma. Tamén  defende que os grupos tradicionalmente galegofalantes son esenciais para o futuro do idioma, adaptando a lingua aos cambios sociais e culturais e as novas realidades.

Os neofalantes e os puristas

Fronte a eles situou dous extremos: os 'neofalantes' baseados na gramática, a interferencia e a tolerancia total co castelanismo; e o 'purismo' e a "defensa extrema" do idioma como "vía de salvación".

Así, o estudioso defende que ningún destes dous factores pode garantir o futuro do idioma, entendendo que pasan "pola erosión da lingua" e pola separación da "utopía" lingüística da realidade dos falantes, respectivamente.

Presentación da nova obra do CCG
Presentación da nova obra do CCG

Tamén dvirte de que os preconceptos instalados na lingüística do século XX impiden comprender estes fenómenos de cambio, ao entender a lingua como un sistema "externo e estable" que cambia "por razóns inexplicables". En contraposición, o autor defende a interacción entre falantes como o escenario "no que se produce" ese cambio e transformación do idioma.

Unha lingua oficial en retroceso

“O galego pasou de ser unha lingua prohibida a ser unha lingua oficial e accedeu a ámbitos como a escola, a administración e os medios de comunicación, que o puxeron na esfera pública e que foron determinantes para que tivera grandes mudanzas” explicou na presentación Elisa Fernández Rei. Por iso, esta publicación pretende identificar factores que tiveron e teñen un impacto sobre a lingua que aínda non foi estudado.

Estes estudos son o resultado dunha revisión dos traballos presentados nun simposio organizado polo Instituto da Lingua Galega, entre outubro e novembro de 2015, e celebrado na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e na propia sede do CCG. Así o explicaron en rolda de prensa a profesora Dolores Vilavedra, os editores da obra, Xosé Luís Regueira e Elisa Fernández, e Ernesto González, director do ILG.

Bilingüismo, toponimia ou a escrita electrónica

O volume comeza cun traballo de interese xeral sobre o cambio lingüístico e recolle tanto traballos de carácter xeral teóricos como empíricos. Entre os temas que trata está o dos neofalantes; un grupo que, malia non ser moi numeroso, ten unha importante presenza e visibilidade social. Outros traballos afondan en comprobar o comportamento que presentan os falantes que se declaran monolingües en galego e os de castelán, e os que se declaran bilingües.

A publicación aborda aspectos tan significativos como a escrita electrónica, unha das novas variedades da lingua, ou como as e os falantes perciben as diferencias dialectais, como as valoran. Algúns artigos constitúen refinamentos de metodoloxías tradicionais, como a Xeografía Lingüística ou a Toponimia, mentres que outros introducen perspectivas teóricas innovadoras nos estudos galegos, como a dialectoloxía perceptiva, as actitudes ante a variación, a análise do discurso ou o estudo perceptivo da variación fonética. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 A verdade

O futuro do galego pasa por leva pasando décadas e non é outra porque os pais o falen na casa e os fillos o teñan por algo normal. Porque todos este presuntos defensores da lingua e da nazóm moito irse de guays nas manifas e nos bares pero logo a sus hijos (que mandan a colegios concertados o católicos de los que repudian en público) de hablan en castellano, ao igual que nos seus traballos. O galego viveu no rural, segue a manterse no rural e será o seu futuro fronte aos galeguistas de uni y de la city que non se sabe nin o que falan.

1 Zerelho

Aprende a escrever e logo, tal vez, poidas aportar algo. Porem, do pouco que puidem entrever nom das para muito.

2 A verdade

Zerelho. Eu equivocareime por escribir rápido no teclado pero ti parece ser que que confundes o galego con outras linguas. Se eu non dou para muito ti parece ser que galego mamaches pouco ata que chegaches á universidade, paspán.

3 teutonio

bufff, xa estamos ca matraca de que o galego auténtico é o meu e eu son un falante máis lexítimo porque o mamei na lareira, polas corredoiras entre as xestas e demáis cantigas ruralistas

2 Valdeorras Nazón

Mentres que o galego siga asociado á imposición, o fanatismo, a estrela vermella e a UPG, seguirá en decadencia

1 Santín

Levo dez anos vivindo en galicia e ainda non vin tal imposición. O que si me pasou e que me preguntaran poque falaba en galego, muitas veces.

1 undecompostela

apuntamentos claros polos que desaparece o galego: 1.- Falla de protección por parte da administración galega e estatal e clara aposta polo castelán por ambas en todos os ambitos, social, cultural, (claro sintoma de colonización e substitución) así como minusvaloración constante da lingua propia que sería de cuarta ou quinta categoria 2.-Falla de unión das diferentes organizacións/axentes de todo tipo que traballan en defensa da lingua