Temas: INCENDIOS LUMES

O cargo da Xunta investigado pola privatizacións do servizo de helicópteros defende este modelo para Portugal

Tomás Fernández Couto, imputado pola xustiza nunha investigación sobre a contratación dos servizos aéreos no combate contra os incendios, tentou convencer ao Goberno portugués da importancia do sistema de privatización da loita contra os lumes de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Portugal | 15/11/2017 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

O director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, insiste na importancia do modelo de privatización dos medios aéreos de loita contra os incendios. Unha privatización pola que está sendo investigado pola xustiza ante a suposta irregularidade dos contratos dos anos 2011,2012 e 2013. De feito, Fernández Couto defendeu o modelo áereo de loita contra os lumes tamén para Portugal.

Fernández Couto nunha comparecencia no Parlamento
Fernández Couto nunha comparecencia no Parlamento

O alto cargo da Xunta participou nunha videoconferencia con destacados membros do goberno portugués o pasado venres para dar conta do modelo de loita contra os lumes en Galicia e insistiu no modelo da Xunta de medios aéreos, especialmente helicópteros, e a súa coordinación coas brigadas terrestres.

Segundo informa o xornal Público, Fernández Couto falou tamén do modo de funcionamento do mando único de loita contra o lume, que na pasada vaga de incendios foi completamente inoperativo. Así, dixo que este mando único opera en cada incendio, “pero ten detrás un dispositivo central con unha cadea de mando definida e protocolizada”. 

O Executivo luso mostrou tamén interese por coñecer como Galicia xestiona o problema dos terreos abandonados xa que, nos dous países, os lumes teñen moito que ver co abandono do medio rural. Así, na xuntanza púxose en valor o modelo do sistema de banco de terras, posto en marcha polo bipartito.

Outro dos participantes na videoconferencia foi Juan Sanchez, responsable do Sistema de Prevención y Lucha contra los Incendios da Junta de Andalucía, considerado polos portugueses como “un dos máis dotados en termos de equipamento e considerado un dos máis eficaces de España”.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta