Queres desenvolver o teu talento empresarial?

A Facultade de Económicas de Santiago organiza unhas xornadas para guiar aos novos emprendedores nas tendencias do mercado laboral.

Por GC Emprende | Compostela | 16/11/2017 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

Impulsar o talento dos emprendedores novos. Ese é o obxectivo da Feira de Emprego organizada polo Instituto para o desenvolvemento do talento galego na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela para o vindeiro 20 de novembro de 2017.

Facultade de Económicas da USC
Facultade de Económicas da USC | Fonte: USC

Este evento contará coa presenza de numerosas empresas, entre as que destacan Garrigues, ABANCA, Finsa, Prosegur, Cruz Vermella, Fundación Ronsel e MGS Seguros. O seu obxectivo é  que os participantes coñezan a tendencia do mercado laboral en Galicia  e a formación e actitudes que hoxe se esixen por parte das empresas da nosa contorna en diferentes ámbitos de negocio. 

Ademais das casetas cos que contarán as empresas, desenvolveranse obradoiros, dinámicas e conferencias levadas a cabo polas propias empresas, e que terán lugar ao longo do día, como poden ser entrevistas e dinámicas por parte de ABANCA e Prosegur ou o asesoramento para mellorar a empregabilidade por parte de Cruz Vermella.

A xornada inaugurarase cunha mesa redonda ás 10.00h na que participarán Javier Dorado, director de INJUVE; Emilia Vázquez, Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; Roberto Pereira, Presidente do Club Financeiro; e Santiago Calvo, tesoureiro e director do Observatorio do Instituto para o desenvolvemento do talento novo galego. Así mesmo, ás 15.30h terá lugar un debate sobre 'Banca, dereito e talento', na que participarán ABANCA e Garrigues. 

O Instituto para o desenvolvemento do talento novo galego é unha asociación dirixida e xestionada por catro galegos que buscan xerar impacto social a través da incubación, desenvolvemento e conexión do talento novo en Galicia. Esta actividade queda englobada dentro das actividades celebradas polo 50 aniversario de estudos en ciencias económicas na Universidade de Santiago de Compostela.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta