A auga tamén se tingue de negro fronte á violencia machista

Concellos e empresas como Viaqua únense á mensaxe de denuncia de toda a sociedade no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/11/2017 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Galicia en NEGRO” é unha campaña contra a violencia de xénero que se desenvolverá do 23 ao 26 naqueles concellos adheridos á mesma e nas que participan empresas varias, entre elas Viaqua como empresa concesionaria do servizo de auga.

Protestas contra a violencia machista
Protestas contra a violencia machista

Aa súa celebración principal será o día 25 coincidindo co “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres”. “A empresa se une deste xeito á mensaxe de denuncia e solidariedade de toda a sociedade fronte á violencia machista como un problema público de todas e de todos, ao tiempo que se suma á resposta unánime que pon de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres”, apunta Viaqua nun comunicado.

En concreto, e durante os días da campaña, esta empresa tinguirá o seu logo corporartivo pasando da cor azul ao negro nas súas oficinas de atención ao cliente; e os traballadores e traballadoras lucirán lazos negros. A empresa decidiu tamén facer visible o seu logo en negro nos soportes dixitais, nas súas comunicacións vía email, e os vehículos da flota lucirán o logo de sensibilización pola eliminación da violencia contra as mulleres.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta