Magosto, actividades didácticas e menús de tempada en Monforte

O Concello de Monforte celebra este sábado, 18 de novembro, un mercado de outono na Praza de Abastos, no que van estar presentes 14 produtores.

Por X.M. Fernández | Monforte | 16/11/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Neste espazo vai ser posible adquirir os produtos desta tempada, como por exemplo: cogomelos, castañas, noces ou marmelos. Por outra parte, haberá repostería elaborada con eses mesmos produtos, ademais de queixos frescos, embutidos ou bacallau.

Posto nos mercados temáticos. Fonte: Concello de Monforte
Posto nos mercados temáticos. Fonte: Concello de Monforte

O mercado de outono deste sábado tamén vai contar cun posto de filloas e haberá degustacións de chocolates con churros. Estará aberto pola mañá, de 10 a 14 horas, e tamén durante a tarde, de 17 a 20 horas.

As persoas que o desexen poderán gozar dun xantar menú "produtos de outono" e "menú especial de cocido". Para iso, terán que poñerse en contacto co Espazo Gastronómico O Viñedo no teléfono 982 982 06 23 63. Ademais, a partir das 20:30 horas, haberá un magosto de balde neste mesmo establecemento.

Coincidindo coa celebración do mercado de outono,  os restaurantes de Monforte ofertarán nas súas cartas menús especiais durante toda a fin de semana, baseados nos produtos de tempada.

Actividades para os nenos

Cómpre destacar que os máis pequenos da casa poderán gozar da xornada didáctica O mundo das abellas, a colmea e a produción de mel, prevista ás 11 da mañá. Un pouco máis tarde, ás 12:30 horas haberá un conta contos sobre fadas do bosque e as lendas do outono.

Produtos de outono. Foto: Concello Monforte
Produtos de outono. Foto: Concello Monforte

Xa pola tarde, ás 18 horas, haberá un obradoiro de barro.

Temas: MONFORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta