Temas: HISTORIA

Que facer no Día do Patrimonio

A Rede do Patrimonio Cultural realiza en todo o país numerosas actividades ao longo desta semana. En total participan 29 entidades con conferencias, andainas, concertos, e diversas actividades relacionadas co patrimonio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/11/2017 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

Este xoves celébrase o Día do Patrimonio Mundial. Unha data que ten como principal obxectivo concienciar á xente da importancia de preservar o legado patrimonial. E Galicia non será unha excepcion. Convocados pola Rede do Patrimonio Cultural (RPC), 29 entidades organizarán un total de 42 actividades entre roteiros, visitas guiadas, conferencias, concertos, xantares ou exposicións, entre outras.

Mapa de actividades polo Día do Patrimonio
Mapa de actividades polo Día do Patrimonio | Fonte: RPC

A RPC leva realizando actividades toda semana, pero será a partir de hoxe e durante toda a fin de semana cando máis intensidade collerán estas accións. Entre estas actividades salientan dez roteiros, doce visitas guiadas, dous xantares populares, dúas charlas, unha xuntanza patrimonial, un programa de radio, un concerto, unha proxección e unha publicación.

É a primeira vez que a RPC contribúa á visibilización do patrimonio cultural galego e das entidades que o promoven, protexen e poñen en valor, ofrecendo un calendario conxunto de actividades do tecido patrimonial e cultural de Galicia. Ademais, a RPC propón empegar o cancelo #DiadoPatrimonio para as as comunicacións nas redes sociais relativas aos disintos eventos convoados.

Todas aquelas persoas interesadas poden consultar as actividades neste mapa interactivo.

Temas: HISTORIA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ei carballeira

Se o día do patrimonio estás na Mariña, vai facer unha andaina polo perímetro da lagoa de lama vermella de Alcoa. Hache encantar. E se estás polas Pontes, podes ir arrodear noutra andaina as naves onde se garda o carbón. Con estas dúas actividades non te "sulfuras" vendo eucaliptos.