A obra actualizada El príncipe y la corista, en Pontevedra

Javier Gil, Javivi, e Lluvia Rojo protagonizan esta obra que se poderá ver este venres 17 de novembro na Sede Afundación de Pontevedra.

Por Galicia Confidencial | | 16/11/2017 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A programación da Tempada de Teatro de Afundación continúa nesta ocasión coa produción teatral El príncipe y la corista. Cun elenco conformado por Lluvia Rojo, Javier Gil, Javivi, Marta Fernández-Muro, David Carrillo e Bruno Lastra, esta actualización do texto de Rattigan poderase ver este venres 17 de novembro, a partir das 21.00, na sede de Afundación.

Obra El príncipe y la corista
Obra El príncipe y la corista | Fonte: Afundación

O texto de Rattigan, herdeiro do sentido do humor e do ritmo de Wilde e Shaw, traza un delicado retrato do exercicio do mando en soidade, dun pai despótico que escatima o amor ao seu fillo e dun recambio xeracional ao que o poder se resiste, que ten non poucas conexións coa actualidade. Pero o autor tamén realiza un sofisticado tratamento da figura da corista, unha muller que contra todo prognóstico se revela independente e hábil, que resiste á degradación que supoñen as intencións pouco confesables do rexente e que, máis tarde, será capaz de espertar nel unha humanidade que, finalmente, e no máis puro estilo do autor, se traducirá nunha triste separación.

As entradas para asistir a esta representación están dispoñibles na web Ataquilla.com para todas aquelas persoas que non adquirisen un abono de tempada, que supón un aforro do 20 % con respecto ao importe das entradas soltas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta