O BNG e a CIG reclaman un marco laboral galego para evitar "imposicións" da patronal madrileña

O BNG e a CIG esixiron a creación dun marco laboral galego que permita mellorar as condicións dos traballadores en Galicia e que evite "imposicións" da patronal madriñela que "prexudican" á clase obreira.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2017 | Actualizada ás 14:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O BNG e a CIG esixiron a creación dun marco laboral galego que permita mellorar as condicións dos traballadores en Galicia e que evite "imposicións" da patronal madriñela que "prexudican" á clase obreira.

Bng E Cig Defenden Marco Galego Relacions Laborais. Bases Democraticas (Audios)
Bng E Cig Defenden Marco Galego Relacions Laborais. Bases Democraticas (Audios) | Fonte: Europa Press

Esta proposta inclúese nas 'Bases Democráticas' que o Bloque presentou este xoves ao sindicato nacionalista e coas que a formación que lidera Ana Pontón busca un marco institucional deseñado a partir do recoñecemento de Galicia como nación que, a través da capacidade para tomar decisións, permita cambiar a realidade social e económica galega.

Na rolda de prensa posterior á reunión de ambas as organizacións, Ana Pontón advertiu dunha "recentralización e roubo de dereitos moi prexudicial" para Galicia. "A pesar da propaganda oficial da saída da crise, a taxa de paro creceu catro puntos desde 2009; a poboación activa caeu en 81.000 persoas, tres veces máis que a media estatal; e temos unha taxa de actividade menor que a media".

Como consecuencia diso, a portavoz nacional do BNG asegurou que se "incrementaron as desigualdades e a pobreza" con miles de traballadores que "cobran menos do salario mínimo interprofesional". Neste contexto, segundo indicou, "teñen moito que ver os convenios colectivos que se impoñen desde Madrid".

Por iso, asegurou que a proposta política das 'Bases democráticas' permitiría "blindar un marco galego de relacións laborais e unha carta de dereitos sociais avanzados que de facto bote por terra todas as contrarreformas e roubos de dereitos dos últimos tempos".

EXEMPLOS

Na rolda de prensa, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, puxo como exemplo da necesidade de alcanzar un marco laboral galego a recente "vitoria" das traballadoras de Bershka na provincia de Pontevedra representadas polo sindicato nacionalistas.

Ademais, advertiu das consecuencias negativas que poderá ter para os traballadores do Banco Pastor a ausencia da representación galega nas negociacións sobre a redución do catro de persoal que se aveciñan.

"Vemos necesarias iniciativas como esta que fagan avanzar no dereito a decidir xa que a mellora da clase obreira galega está relacionado con iso", manifestou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta