Guerra reparte a dedo 350.000 € entre certos xornais coa escusa do I+D

Economía segue a aumentar o gasto en propaganda sobre a innovación, ás veces mediante empresas de militantes do PpdeG, mentres reduce o investimento real en investigación.

Por Walter Burns | O Irixo | 01/12/2010 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O retorno do PpdeG ao poder veu acompañado dunha caída do 10% do investimento galego en I+D, segundo proban os datos oficiais do INE. Porén, a Consellería de Economía está a aumentar o gasto entre propaganda en certos medios coa escusa de promocionar a importancia da innovación.

None

GC xa informou que a Consellería de Economía gastou máis de 595.000 euros en anuncios sobre o I+D a través de Canal Uno de Comunicación. Trátase dunha axencia da que é copropietario o compañeiro de partido do conselleiro Javier Guerra, Juan Francisco Martínez Herrera Escribano, número 3 do PP vigués.

Agora Galicia Confidencial revela que, ademais dos anuncios, Economía acaba de subvencionar a dedo polo menos a tres xornais.

Cifras do reparto

O conselleiro firmou tres convenios con El Progreso de Lugo (100.000 euros); Editorial Compostela (100.000 euros) para a editora de El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e La Región de Ourense (150.000 euros) o 14 de outubro.

None

Os convenios son un xeito de dar axudas sen concurso, publicidade ou competencia. A diferenza das axudas vía DOG, non dependen dun baremo obxectivo, senón do criterio de cada conselleiro. Por exemplo, nesta quenda de convenios Guerra non ten porque explicar porque escolleu a eses tres diarios e ignorou a outros con tiradas superiores.

Un xeito de influír nas liñas editoriais

Tanto o Colexio como o Sindicato de Xornalistas teñen denunciado en múltiples ocasións esta práctica, común en todos os executivos dende a era Fraga, pois evidentemente condiciona a independencia das cabeceiras.

Por exemplo, entre os motivos alegados pola Xunta para repartir estes 350.000 euros están “promover un maior recoñecemento social dos ámbitos nos que ten competencias a Consellería de Economía e Industria”.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

5 Manoliño

Xa volo teño dito, somos moito máis listos ca vós e sabemos roubar con estilo, algo que parece gustarlle aos galegos que elección tras elección nos votan. Nacionalistas toca emigrar ou quedar coas migallas que vos deixamos por pena. ¡viva España!

1 tuvho

pero querido corrupto pepeiro, se tanto pensas que vos votan os galegos porque non lles deixades votar libremente, porque comprades os votos, porque levados os vellos da man a votar quitandolles o carné, porque nas empresas ameazades a xente co despido, porque tedes todos os medios de comunicación manipulando, mentindo e tapando e escondendo a vosa corrupción coma nos rexímenes dictatoríais e sen democracia..... porque enton votaríavos o 15% coma en catalunya... e decir sodes uns fracasados porque nunha siociedade libre e ben informada non seríades nada..

4 rosebud

350000 euros máis tirados en propaganda para mercar o silencio dos xornais galegos e que non digan todas as verdades, só algunhas.... E canto diñeiro vai xa...ufff, xa é difícil levar a conta. E Estela Eólica?, ningún xornal galego vai informar que a 3ª adxudicataria do consurso eólico do PP é unha empresa vinculada a altos cargos do PP?, non é noticia iso?... Galicia ten un grave déficit democrático cando só a corrupción de algúns partidos é noticia.

3 airadasenra

a GC, como sigades así, pronto lle cairán subvencions a esgalla... :)

1 XERION

aira (bonito nome)... que existan medios (papel, electrónicos etc) implica dedicación e tempo. Pola mesma, todos precisamos un salario mínimo para vivir. O traballo voluntario está ben, pero non se mantén anos con forza e seriedade, como agora parece que o toman as persoas de GC. DEBERÍAMOS APOIAR ENVIANDO INFORMACIÓNS, ANUNCIANDO EMPRESAS, ETC

2 Pardo de Cela

Goebbels facía o mesmo: só propaganda. Auteridade???, non gracias

1 miguel

Y que hay de malo en promocionar la importancia de la innovación mediante anuncios en medios de reconocido prestigio? O lo que molesta realmente es que os dejen al margen. Sois unos resentidos

1 Porco Jones

Miguel, o que non se pode facer é BAIXAR as axudas á innovación e AUMENTAR o gasto en promoción da innovación ao mesmo tempo. Se che cadra esa política, vaite mirar a cabeza meu, porque eso non o fai nen o que asou a manteiga.

2 Fuman2

Pues hay de malo en que en estos tiempos es impresentable promocionar algo que no existe, listillo.

3 Austeridá

Mola moito gastar máis cartos na promoción que no promocionado. Sabes cantos investigadores se poden contratar con estes cartos? Austeridá! Austeridá!