Un traballo da USC sobre técnicas topolóxicas, premiado polo Ministerio de Educación

O estudo trata de coñecer o número de ordenadores conectados a unha rede sen fíos ou detectar vehículos circulando por estradas.

Por GC Emprende | Compostela | 17/11/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O alumno da Facultade de Matemáticas David Mosquera Lois fíxose con dous dos premios Arquímedes convocados polo Ministerio de Educación. Nesta vixésimo sexta edición, o estudante da USC acadou o segundo premio na Área de Ciencias Experimentais, Exactas e Ambientais –dotado con 5.000 euros– e un especial consistente nunha estancia de dúas semanas nun centro de investigación do CSIC.

Controlando dispositivos a través do ordenador
Controlando dispositivos a través do ordenador

Os Premios Arquímedes teñen como obxectivo fomentar o espírito investigador do alumnado universitario mediante a concesión de premios a traballos de investigación. Dos máis de 300 presentados, o xurado seleccionou 25 finalistas –entre eles David Mosquera– dos que saíron os gañadores nas catro ramas de coñecemento: Ciencias Experimentais, Enxeñaría, Ciencias Biomédicas e Ciencias Sociais e Humanidades. 

David Mosquerra concorreu co traballo de fin de máster ‘Integración con respecto á característica de Euler-Poincaré’ que lle dirixiu  o profesor Enrique Macías Virgós, do Departamento de Matemáticas da USC, na especialidade de ‘topoloxía alxebraica aplicada’. Nel investiga o uso de técnicas topolóxicas avanzadas para estudar problemas tan diversos como o reconto de persoas presentes nun momento dado nunha sala de aeroporto a través de cámaras, o número de ordenadores conectados a unha rede sen fíos, a detección de vehículos circulando por estradas ou o cálculo do número de réplicas dun terremoto. O traballo supón tamén un desenvolvemento teórico dalgunhas desas técnicas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta