Primeiro accidente relacionado cun helicóptero do proxecto mineiro en Touro e O Pino

Un elemento metálico despréndese dun VTEM (Versatile Time Electro-Magnetics) e cae na parroquia de Loureda. Vídeo do acontecido.

Por Galicia Confidencial | Touro | 16/11/2017 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A aparición de helicópteros VTEM (Versatile Time Electro-Magnetics) sobrevoando os concellos de Touro e O Pino na busca de cobre ten chamado a atención de moitos veciños da zona. Na mañá deste xoves produciuse un accidente aéreo relacionado con estes aparellos na parroquia de Loureda (Boqueixón).

Elemento caído na parroquia de Loureda dun helicóptero  VTEM (Versatile Time Domain Electro-Magnetics). Elemento caído na parroquia de Loureda dun helicóptero  VTEM (Versatile Time Domain Electro-Magnetics).
Elemento caído na parroquia de Loureda dun helicóptero VTEM (Versatile Time Domain Electro-Magnetics). Elemento caído na parroquia de Loureda dun helicóptero VTEM (Versatile Time Domain Electro-Magnetics).

En concreto, "un enorme elemento metálico que colgaga do helicóptero desprendeuse caendo nunha zona boscosa da parroquia de Loureda", denuncia a Plataforma Mina Touro - O Pino Non. "Por sorte, hoxe non hai que lamentar vítimas, aínda que voltamos denunciar que o helicóptero sobrevoa núcleos poboados"

Tratase dun VTEM (Versatile Time Electro-Magnetics), un método electro-magnético aerotransportado que se utiliza en investigacións xeolóxicas para localizar mineral ata 700 metros de profundidade.

Precisamente, esta Plataforma viña denunciando nas últimas semanas a actividade a baixa altura dun VTEM.

"Tal como se observa na paxina 41 do proxecto [da mina de cobre que se pretende abrie en Touro e O Pino], o mapa xeolóxico de detalle do CdO, podemos ver como as capas mineralizadas van máis ala das primeiras cortas previstas".

Isto, segundo a Plataforma, "vén corroborar o que xa denunciamos nunha das alegacións, a tentativa dos promotores de fragmentar unha operación de dimensións aínda maiores".

Un dos planos incorporados ao estudo socioeconómico "deixa en evidencia as perspectivas de expansión", engaden.

Dende Aena informan de que os voos contan con autorización, máis, segundo denuncia a Plataforma, "non precisan a actividade dos mesmos e aseguran que trasladarán as queixas polos voos tan baixos que estamos a ver". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 VENDE-PP-ATRIAS S.A

No vindeiro ataque do helicos en plan apocalipisis now, aterrara o presidente-paracaidista da untada da malicia, o chamado cabo furriel dos empresarios O FRIJOLES!