Galicia e Reino Unido colaborarán para reducir o impacto do brexit no sector marítimo-pesqueiro

Feijóo cre que as rexións periféricas e marítimas de Europa "teñen moito que achegar" para que as negociacións non terminen en "fracaso"

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2017 | Actualizada ás 16:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o primeiro ministro galés, Carwyn Jones, acordaron a elaboración de "un convenio bilateral que garanta a cooperación" entre Galicia e Reino Unido, e un acordo en materia de pesca que permita "manter os avances en beneficio común", co obxectivo de reducir o impacto do brexit no sector marítimo-pesqueiro.

O presidente da Xunta nunha reunión en Cardiff
O presidente da Xunta nunha reunión en Cardiff | Fonte: Europa Press

Así o manifestou Feijóo na conferencia sobre o brexit celebrada este xoves en Cardiff. Na sesión de apertura da conferencia, titulada 'A cooperación europea máis alá do brexit', o mandatario galego asegurou que as rexións periféricas e marítimas de Europa "teñen moito que achegar" para que as negociacións entre a Unión Europea e Reino Unido "non terminen sendo un fracaso para todos".

Durante a súa visita a Cardiff, o presidente galego reuniuse co primeiro ministro de Gales para iniciar a elaboración de "un convenio bilateral entre Galicia e Reino Unido". A firma do acordo entre ambos os territorios realizarase en Santiago de Compostela. Así, o ministro galés aceptou a invitación de Feijóo para "unha primeira visita" á Comunidade galega.

Para o presidente da Xunta todas as negociacións teñen un obxectivo común centrado en "proxectar certezas" e "continuar a cooperación máis allás do brexit". Na súa intervención na conferencia explicou que é necesario "clarificar o futuro dos galegos que viven e traballan en Reino Unido", así como "o dos británicos que o fan en Europa".

Para Feijóo, a Declaración de Cardiff demostra que "o espírito de cooperación e diálogo europeo" segue "moi vivo" a ambos os dous lados da canle da Mancha. Tamén apunta que "a transición do brexit" debe ser "suave e ordenada".

ACUERTO EN MATERIA MARÍTIMA

Durante a conferencia, Feijóo mostrouse "especialmente interesado" en "defender os intereses de Galicia no ámbito marítimo-pesqueiro", ante as negociacións que comezou o Reino Unido coa Unión Europea. Neste sentido, asegurou que Galicia está "a priorizar" o sector do mar "a través das institucións europeas".

Na súa opinión, "o máis beneficioso", tanto para Reino Unido como para a Unión Europea, é "un acordo en materia de pesca" que facilite "un intercambio de acceso mutuo pesca-mercado". Feijóo lembrou tamén que Galicia foi "a primeira rexión europea" en asinar unha declaración de apoio ás comunidades pesqueiras, promovida por Alianza Pesqueira Europea.

Neste sentido, o presidente da Xunta asegurou que "se remitiron a Bruxelas varios informes sobre o impacto que podería ter o brexit na pesca". Así pretende "evitar que o brexit impoña novas fronteiras para os recursos mariños galegos".

Alianza Pesqueira Europea, agrupación dedicada ao sector da pesca, apunta que "un brexit duro" podería reducir "o beneficio neto das frotas de todo o continente nun 50%", así como "os salarios da tripulación nun 15%".

GRUPO DE TRABALLO DO ARCO ATLÁNTICO

Ademais dos avances en materia pesqueira, Galicia liderou tamén a creación dun grupo de traballo sobre "o impacto do brexit nas rexións europeas do Atlántico".

Os resultados do estudo, no marco da Comisión do Arco Atlántico, unha do seis comisións xeográficas participantes na conferencia, quedaron plasmados nunha "declaración política" complementaria á Declaración de Cardiff.

Nesta declaración, as rexións atlánticas formulan dúas peticións fundamentais aos negociadores británicos e da Unión Europea. Por unha banda, piden a posta en marcha de "un mecanismo financeiro que amortigüe o impacto do brexit", tanto a nivel rexional como sectorial; e "manter un programa de cooperación territorial forte en todo o Arco Atlántico", máis aló de 2020.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta