Unanimidade na Cámara para pedir á Xunta que siga difundindo a obra de Pondal no centenario da súa morte

Todos os grupos con representación no Parlamento sumaron este xoves os seus votos para pedir á Xunta que siga poñendo en marcha iniciativas de difusión e conmemoración da figura e a obra de Eduardo Pondal no centenario do seu falecemento.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2017 | Actualizada ás 19:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Todos os grupos con representación no Parlamento sumaron este xoves os seus votos para pedir á Xunta que siga poñendo en marcha iniciativas de difusión e conmemoración da figura e a obra de Eduardo Pondal no centenario do seu falecemento.

Este acordo pechouse en comisión parlamentaria a instancias da deputada do PSdeG Dolores Toja, quen propuxo que o Goberno galego subscriba convenios para este fin coa fundación que leva o nome do escritor e poeta de Ponteceso (A Coruña).

Após unha transacción cos outros grupos, o texto que foi aprobado ábrese tamén á colaboración do Executivo autonómico con outras fundacións de escritores do Rexurdimento para programar actividades diversas que permitan pór en valor o seu legado social.

En paralelo, na mesma comisión, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, respondeu ao deputado do PPdeG Moisés Rodríguez que a promoción exterior da literatura galega é "unha prioridade" para o seu departamento.

Así é que, segundo as súas propias palabras, impúlsase a presenza das principais editoriais e autores nas feiras máis importantes de todo o mundo, así como en numerosas actividades de divulgación que se programan tanto en Galicia como no estranxeiro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta