Un manuscrito inédito de Valle-Inclán publicado pola USC, mellor obra editada por unha universidade

Entregados os XX Premios Nacionales de Edición Universitaria á obra asinada por Margarita Santos Zas, directora da Cátedra Valle-Inclán da Universidade de Santiago. A institución compostelá tamén recibiu o galardón na categoría de Mellor coedición interuniversitaria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/11/2017 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

A Universitat de Lleida acolleu este xoves a entrega dos XX Premios Nacionales de Edición Universitaria. Unha entrega que coincidiu cos actos de conmemoración do 30 aniversario da fundación da UNE (Unión de Editoriales Universitarias Españolas). Das 128 obras que concorreron a esta vixésima edición, dez foron seleccionadas por un xurado independente como os mellores libros universitarios publicados durante 2016.

Os galardoados nos XX Premios Nacionales de Edición Universitaria
Os galardoados nos XX Premios Nacionales de Edición Universitaria | Fonte: UNE.

Con el alba. El cuaderno de Francia (1916). Manuscrito inédito de Ramón María del Valle-Inclán, da Universidade de Santiago de Compostela, recibiu o premio a Mellor obra editada. O xurado considerou "o alarde de recursos formais empregados, a complexidade técnica e o equilibrio entre fondo e forma". A obra está asinada pola profesora Maragarita Santos Zas, directora da Cátedra Valle-Inclán da USC.

A Universidade de Santiago tamén recibiu nesta edición o premio a Mellor coedición interuniversitaria por Memorias de Fernando Álvarez de Sotomayor, obra editada en colaboración coas Universidades de Granada e Talca. O xurado valorou "a colaboración de tres universidades, unha delas americana, sobre a obra dun autor que viviu entre España e Chile". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta