Denuncian desde Galicia ao presidente dun sindicato de profesores catalán por delitos de odio e sedición

'Hablamos Español', entidade da que é voceira Gloria Lago, de Galicia Bilingüe, denunciou a Ramón Font, presidente de USTEC-STEs, por dicir nunha entrevista que aos ensinantes cataláns "non se lles pode obrigar", nin os "someterán" a dar clases en español. A denuncia coincide cunha ofensiva en determinados medios sobre o uso do catalán en Valencia, Baleares e Cataluña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/11/2017 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

A recentemente constituída 'Asociación Hablamos Español', que reúne a diferentes entidades favorables á liberdade de elección de lingua e está impulsada pola presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, presentou ante a Fiscalía de Cataluña unha denuncia contra Ramón Font, presidente do sindicato de profesores USTEC-STEs, por un delito de provocación á sedición e un delito de odio. Vigo, 15-11-17.

Integrantes de Hablamos Español presentando unha iniciativa de libertad lingüística no Congreso. Entre eles, Gloria Lago
Integrantes de Hablamos Español presentando unha iniciativa de libertad lingüística no Congreso. Entre eles, Gloria Lago | Fonte: Hablamos Español

Así, lembran que o 8 de novembro, día da chamada "folga de país", Ramón Font asegurou ante os medios: "Non daremos clases en castelán, non nos poderán obrigar, non nos someterán". Declaracións que a xuízo de 'Hablamos Español' poderían supor unha conculcación dos dereitos lingüísticos de alumnos e pais.

"Non renunciaremos a falar de política nos centros educativos, porque é a nosa función, é o noso traballo", dixo tamén Font nesta entrevista. Unha advertencia, para Hablemos Español, susceptible de ser interpretada como unha intención de adoutrinar e sinalar a aqueles que non estean conformes co proceso de secesión.

'Hablemos Español' critica que estas declaracións poderían ser discriminatorias, xa que atacan o modelo de convivencia e ameazan os "valores de pluralismo, tolerancia y respecto de las diferenzas, más aún cuando tienen por destinatarios a menores de edad".

NENOS COMO ESCUDOS?

A entidade da que é voceira Gloria Lago tamén indica que, uns días antes, nunha entrevista na televisión pública catalá TV3, o presidente de USTEC-STEs mostrouse partidario de utilizar os colexios para celebrar o referendo ilegal de 1 de outubro. "Sugirió incluso que los niños podrían servir de escudos frente a posibles intervenciones policiales. Además, y en la misma entrevista, se mostró partidario del adoctrinamiento en la enseñanza como obligación de los docentes", indica.

Un independentista na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Un independentista na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez

Como é habitual nas denuncias de Galicia Bilingüe, 'Hablemos Español' tamén analiza determinadas webs e critica que a páxina oficial de USTEC-STEs alberga comunicados a favor do referendo ilegal do 1 de outubro e dos actos protagonizados polos membros do Goberno da Xeneralidade, agora procesados por un delito de rebelión e sedición.

Así, din que desde USTEC-STEs fíxose mesmo un chamamento á comunidade educativa "a la resistencia contra las imposiciones de un estado que, a partir de la pedagogía los hechos, ya no puede considerarse como democrático". "Unas declaraciones que entendemos como un llamamiento a la desobediencia del Ordenamiento Jurídico español, en connivencia con el llamado "procés" de independencia", apuntan.

Tamén denuncian que o 13 de outubro, o sindicato emitiu un comunicado aos profesores de centros públicos sobre o adoctrinamiento na escola catalá, no que se aseguraba que a educación é, entre outras cousas, "dar a coñecer os dereitos e liberdades tanto individuais como colectivos, a nosa lingua propia e a nosa historia". A actitude do profesorado, dicía o comunicado, "non se pode separar da realidade que vive o noso país".

"Desde 'Hablamos Español' consideramos que estas y otras pruebas, declaraciones y comunicados incluidas en la denuncia podrían ser constitutivos de un delito de provocación a la sedición del art. 18 CP en relación art. 544 y 548 del mismo texto legal y de un delito de odio previsto y penado en el art. 510.1 CP.", conclúe.

HABLAMOS ESPAÑOL

Esta entidade presentouse públicamente en xullo pasado para "defender la libertad lingüística". Entón fixeron público un manifesto baixo recollido na web castellanohablantes.es. O seu obxectivo era "llamar la atención sobre la restricción de derechos lingüísticos que estábamos soportando en varias comunidades autónomas de España". 

"A lo largo de este año hemos visto cómo la falta de libertad de lengua para los hispanohablantes empeora en Cataluña, País Vasco, Islas Baleares y Galicia, sobre todo en el ámbito educativo, siendo la Comunidad Valenciana, donde este ámbito ha empeorado de forma más notable. En Cataluña ya no se puede estudiar ninguna asignatura en español. En el País Vasco se entorpece la elección de la línea en nuestra lengua, en Baleares, Galicia, o Comunidad Valenciana, se aprueban normas que la eliminan de asignaturas clave, disfrazando esta imposición bajo nombres como trilingüismo o plurilingüismo y, en Navarra se sustituye de forma progresiva la educación en español por la enseñanza en euskera", apunta esta entidade.

Esta denuncia coincide, ademais, cunha ofensiva en determinados medios españois, e tamén nalgún medio galego, sobre o uso --abuso nalgúns casos para estes medios-- do catalán en Valencia e Baleares, ademais da propia Cataluña, no ensino.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

9 Anti...

A gloria o lle lle compre é un galego-falante que a faga tocar ca chema dos dedos as estrelas todas da via Láctea. E assim deixariase de parvadas. Eu estou no meu país e nil falase galego a lingua propia a outra é unha imposición.

8 pos_eso

¿Un padre de familia normal, con quién dejaría a sus hijos, con Gloria Lago o con Callón? Pues eso.

1 Mira

Con callón clarisimamente algo está enferma ese odio que tiene al gallego lo tenían los nazis a los judios

2 Antinostrus

Con Carliños.....a Gloria póde-lle dar Metílico ao rapas (liña familiar indelebel) no canto das Papas de Burro Canso.........para coa ko na da Gloria que vaia o palanganeiro do Nostrus e que lle pergunte se o seu Pai Morreu cuns zóspiros de etanol ou d e metílico postfecunda-lo na cochiqueira......

7 hackers rusos

Si Gloria Lake, si, é cousa dos hackers ruso e un " contubernio judeo-masónico comunista que desde Moscú amenaza a la "sacrosanta unidad de Expaña" Empezo a pensar que o nacionalismo español, é unha doenza mental, e unha cortina de fume para tapar toda a corrupción, crime orgaizado e nefasta xestión dos palanganeiros do réxime mona-rquico neo franquista e facilitar a sua reelección. Ten que vir unha twitera andaluza a desmontar a vosa farsa e admitir que en Galiza o idioma perseguido é o galego, no que impiden desenvolverse en Galiza.

6 Leike

Moi ben feito! Espero que denuncien a todos eses gobermos antiespañoles que obrigan aos nosos fillos e netos na emigración impoñéndolles idiomas estranxeiros e de ignorantes: francés, inglés, alemán etc. Glorita, Feijolín, Marianito, denunciádeos na ONU! ¡Libertad de elección! Castellano oficial en todo el mundo, ya!

5 Xesús Ateo Recalcitrante

Gloria Lago? Ja, ja, ja, ja,....ja.! Xa non sabe o que facer para darse "pote". Estará preparando a súa candidatura para presentarse polo partido Ciudadanos, de extrema dereita?