A Xunta aplica “medidas comunistas” que rexeitou no bipartito e dá un gran paso cara a expropiación de terras

Feijóo dá luz verde á lei de medidas fiscais que implican a incautación de terras abandonadas para sufragar os gastos da limpeza dos montes. Tamén aproba a entrada en propiedades privadas pechadas se as parcelas non están limpas. Anuncia un novo sistema de vixilancia baseado en 34 cámaras instaladas en puntos sensibles do país.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/11/2017 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

En 2007 e tras a gran vaga de lumes do 2006, na que arderon máis de 95.000 hectáreas, o goberno de entón, un bipartito formado por PSdeG e BNG aprobou unha serie de medidas que dirixentes populares de entón cualificaron de “comunistas” e de "colectivización da terra". Entre estas medidas estaban as da sancións e multas aos que non mantiveran limpo un tramo de 100 metros de fincas en zonas urbanas e periurbanas e a expropiación de fincas e montes se o abandono era reiterado.

Unha muller en Vincios (Gondomar), no medio do fume causado pola vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro
Unha muller en Vincios (Gondomar), no medio do fume causado pola vaga de incendios que asolou Galicia en pleno mes de outubro | Fonte: 1.1 Fotografía.

Dez anos despois, e tras outra nova vaga de lume que en dous días calcinou case 50.000 hectáreas, un executivo popular acaba de aprobar unhas medidas moi semellantes e mesmo máis restrictivas ás que entón quixeron poñer en marcha socialistas e nacionalistas. Estas medidas, que entran dentro do paquete das 30 que o presidente galego Alberto Núñez Feijóo presentou hai máis dunha semana na Cámara galega, estarán xa activas para  a vindeira campaña contra os lumes. De feito, xa foron analizadas cos concellos e coa Fegamp e serán aprobadas na vindeira lei de medidas fiscais. 

Pero en que consiten estas propostas que mesmo van máis alá das aprobadas polo bipartito?. Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo foi moi contundente co abandono de fincas e montes. Por iso, estre as iniciativas recóllense algunhas que, aínda que recoñeceu a súa dificultade xurídica, tiveron o visto e bo dos Servizos Xurídicos do Goberno galego. Entre estas medidas están a posibilidade de entrar en propiedades privadas –mesmo se están fechadas-- para realizar limpezas, expropiar propiedades ou montes en mancomún que non se limpen reiteradamente, facer pagar aos propietarios os custes da limpeza do monte ou, directamente, quedar coa propiedade se o custe é maior que o valor catrastral da finca.

Non expropiamos aos que queren poñer o monte a funcionar, senón aos que imposibilitan que se faga”, dixo.  Ademais, insistiu que, con estas medidas do que se trata é de dar unha “mensaxe clarísima” aos propietarios de que “lles pode pasar algo” se teñen as fincas e montes abandonados. “Está claro que a quen non lle pasará nada é aos propietarios que cumplen as normas”, insistiu.

E o certo é que o presidente galego quixo ser claro con aqueles veciños ou propietarios que, reiteradamente, non se encargan de limpar os montes; ou aqueles que, por imprudencias provocan lumes. “Teñen que saber que as súas accións teñen un custe”, indicou.

Cadea de voluntarios en Vigo para extinguir os lumes na Avenida de Europa que leva a Samil, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Cadea de voluntarios en Vigo para extinguir os lumes na Avenida de Europa que leva a Samil, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

MEDIDAS

Así, entre as medidas previstas están a prohibición de plantar a menos de 50 metros especies pirofitas –piñeiros, eucaliptos ou acacias-- en zonas consideradas secundarias –é dicir, zonas non urbanas ou periurbanas--, pero que se atopen en núcleos rurais. Tamén a obligatoriedade de limpar as explotacións agrarias abandonadas e vetar a plantación de mimosas, eucaliptos ou piñeiros nelas, ou xestionar a limpeza da biomasa de propiedades que teñen donos ilocalizables. O concello poderá, agora, limpalas de motu propio 15 días despois de que o anuncio saia publicado no BOE.

Ademais, os custes desas limpezas recaerán nos propietarios e se o valor é superior ao valor catastral da finca, entón as administracións poden expropiar ese terreo como compensación económica pola limpeza. Por outra banda, tamén poderan cortar árbores das fincas limpadas para vender e pagar esa limpeza. En caso de que haxa diñeiro sobrante por esas expropiacións ou venda de madeira, o remantente servirá para realizar actuacións futuras.

Outra das propostas feitas por Feijóo é a posibilidade de entrar en parcelas privadas, mesmo pechadas, para realizar limpezas. “Se o propietario se nega a limpar ou non quere dar o seu permiso, a administración poderá entrar nesa propiedade”, indicou. “E iso implicar dar unha patada na porta e entrar?”, preguntoulle este medio. “O que é inviolable é o domicilio, pero non a propiedade que poida ser un perigo para outras casas ou outros veciños por falta de limpeza”, respondeu Feijóo.

Finalmente, a Xunta tamén sancionará a aqueles veciños que non limpen fincas xa concentradas previamente ou a aqueles que dificulten unha Asociación Forestal (Asofor). Neste caso, os propietarios desas fincas poden ser expropiados para facilitar esa concentración.

CONCELLOS

A maior parte destas medidas deberán ser postas en marcha por concellos. “De feito xa estaban obrigados a facelo antes porque isto xa foi aprobado no 2007, co bipartito”, apuntou Feijóo. Non obstante, as principais queixas de moitos municipios era a imposibilidade de acceder a propiedades privadas. “Pois agora ese problema xa se acabou con esta lei. Agora os concellos xa poderán entrar e expropiar eses terreos”, suliñou.

Ademais non descartou activar medidas económicas para levar a cabo estas tarefas. “Xa falaremos de financiamento”, limitouse a responder ao ser preguntado ao respecto. Con todo, Feijóo aclarou que estas medidas son para esas franxas de 50 metros que se atopan en zonas urbanas e periurbanas, pero tamén en zonas rurais preto das casas. “Do que se trata é de tela limpas para evitar traxedias”, indicou. Con todo, aclarou que no bipartito a franxa era de 100 metros e que o seu goberno rebaixouna a 50 metros.

VIXILANCIA DOS MONTES

Por outra banda, o presidente galego anunciou a posta en marcha dun novo sistema de vixilancia dos montes a través de cámaras. Así, aproveitarase a rede de Retegal para instalar estas videocámaras que cubrirán 1,4 millóns de hectáreas  do territorio galego. “Cubrirán o 74% das zonas de maior actividade incendiaria”, indicou. 

“Deste xeito non será necesrio ter vixilantes porque todo se poderá controlar desde unha única sala ou por operarios autorizados desde teléfonos móbiles”, indicou. Este sistema, segundo precisou, estará xa listo pra a primavera do vindeiro ano. 

Incendio en Vincios preto dunha casa
Incendio en Vincios preto dunha casa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 GaliciaForSale OsGhañans

O primeiro paso foi a lei de depredación, o segundo a incautación de turras e o terceiro a venta-privatización a favor da pasteleira, industria madereira e mineiras. Un canto a Galicia & Co. HEEIII!!

2 non roubaras!!!

señores ha que actuar contra o koljoz comunisteiro organizado polo partido putrefacto e ladron, o chamado pepeiro e todo un.ha farsa para roubarche a finca e despois véndela a eucalipteiros e xente que pretende facer feudos de ducias de milleiros de hectáreas para cacerias de grandes caciques, agora si que vai arder, agora si que van sair as recortadas polo monte, e as limañs estas do pepeiro meten os alcaldes, alcaldes de concellos arruinados que camiñan cara a desaparción, están exterminando o pobo galego, aquí esta o importante entregaron galiza, roubaron a galiza para servir a putañesca expaña e que conseguiron sinon arruinar o pobo, Galiza arde desde o 72 e agora sairon os comunisteiro de salón, sairon as ratas expañolentas dos sumidorios, as ratas PPestiferas, o pepeiro e a rata ladroa!!!

1 Seesee

A idea e boa .Vanse a encher de terras. Depois a ver como se pagan as limpezas