As mareas locais reivindican a súa “boa xestión” onde gobernan

Representantes das distintas mareas reúnense en Ourense coa vista posta nas municipais de 2019. Martiño Noriega ve a súa labor de goberno "unha achega" para En Marea, do mesmo xeito que "a da Coruña e outras cidades". Luís Villares non acudiu ao encontro.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 18/11/2017 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Máis dun cento de persoas participan no encontro que representantes de mareas locais mantiveron este sábado en Ourense e no que, co exemplo de experiencias de goberno como as cidades de Santiago e A Coruña, apelan a reivindicar "a súa boa xestión" fronte ao PP coa vista posta nas eleccións municipais de 2019.

Martiño Xosé Vázquez e Martiño Noriega en declaracións aos medios
Martiño Xosé Vázquez e Martiño Noriega en declaracións aos medios

Así o trasladou o portavoz de Ourense en Cómun, Martiño Xosé Vázquez, quen destacou que a cidade das Burgas é este sábado "a capital galega do municipalismo" e explicou que o fin da cita é "compartir ferramentas e metodoloxías" coa base das experiencias de xestión local.

A modo de exemplo, sinalou que Ourense, única das sete grandes cidades galegas que goberna o PP, "non ten orzamentos nin unha renda social básica" fronte ao que ocorre en Santiago de Compostela, cuxo rexedor, Martiño Noriega, tamén interveu no encontro.

"O obxectivo é demostrar que hai outra forma de facer política; que Ourense pode ter orzamentos, unha renda municipal básica e outras cousas que os autodenominados bos xestores non conseguen", aseverou o dirixente local, antes de insistir en que se traballará para "compartir experiencias".

A XESTIÓN EN COMPOSTELA, "UNHA ACHEGA"

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), advertiu de que apenas quedan "espazos de transformación" salvo o local, algo do que, ao seu entender, son conscientes "os poderes fácticos", que actúan en consecuencia. "De aí a intervención en Madrid, tentan dinamitar todas as boas praxes", subliñou.

Preguntado acerca de se a súa experiencia na capital galega é un dos principais avais para En Marea en clave galega, replicou que, sen dúbida, é "unha achega". Non en balde, lembrou que Compostela Aberta "colleu Santiago nunha situación complicada" tras un polémico mandato do PP e puido "reducir débeda, aumentar gasto social ou pór ferramentas de participación".

Agora, "con acertos e erros", defendeu que a capital galega ten "un goberno responsable". Dito isto, subliñou que o obxectivo non é só Santiago, senón "achegar a un cambio maior". Neste sentido, defendeu que considera que En Marea pode "sacar peito" pola xestión en Santiago, pero tamén pola "da Coruña e outras cidades".

AUSENCIA DE VILLARES

En canto á ausencia do portavoz de En Marea, Luís Villares, neste encontro, que o dirixente rupturista xustificou na pasada xornada, Noriega instou a preguntarlle a el polos seus motivos.

"Eu non sei cales son as presenzas ou as ausencias. A min convidáronme e veño achegar. Este é un encontro municipalista e os debates que se dean aquí serán positivos para todos os espazos de unidade popular", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

6 Cidadanía de Xestión

Se o destes inútiles é boa xestión apaga e vámonos. A ver como explicades o batacazo que ides levar especialmente onde "gobernades".

5 Anti...

Dispois da Yoli procesións que non a coñecía ninguén a non ser na sua casa a hora de xantar, apañada por Beira pra ser algo na politica e deixando o listón tan baixo o suarez é un fenómeno.

4 Como en Lugo

Para exemplo de Marea a de Lugonovo, 0% democracia, 100% sectarismo, que llo pregunten ao nucleo duro que todo controla.

3 NON ME DEIXO ENGANAR

GOBERNO RESPONSABEL... DE QUE???? claro que son responsabels ... de ser as mais autenticas alcaiotas da monoarquia bobonica, de seren auteinticos misas do domingo ante o poder da tiranica clericalla santiaguesa e do seu obispo cesaro-papista, de ser colaboracionistas da represión policial contra os sectores mais oprimidos do pobo, de ser os correvidiles das frijoladas da untada da malicia, de intentar envelar o proletariado galego con temas imposibles de reformas constitucionalistas, de intentar expañolizar o inocente pobo galego... CLARO QUE SON RESPONSABELS OS CORUÑOS SANTIAGESFERROLEIROS!!!

2 ALCALDE DA PEROXA

a marea de Ourense funciona como o "cu" esta claro, xa non digo de todo o que pasou na sua constitución nin como escaparon podreiros e anovados para formar os sesu tingaldos electoretas que non conseguiron nada! podreiros meteu o pepeiro no gobernó, dos tres un e un inútil perfecto, o señor que proven do corruPPto movemento das asociacions de veciÑos, marea de Ourense (desfraz de izquierda la unitaria de expaña) e incapaz e incompetente para desaloxar o partido putrefacto do poder municipal, a sua incompetencia e grandiosa, as suas meteduras de patas retransmitidas un.ha e outra vez por auria televisión os deixar a altura do betún ... son autenticos paiasos, autenticos necios, autenticos pailans, autenticos lixo... non valen nada... son desprezables