Morre unha moza de 20 anos na Estrada ao saírse da vía o vehículo no que viaxaba e chocar contra unha casa

Unha moza de 20 anos, C.C.C., faleceu este sábado ao saírse da vía o vehículo no que viaxaba no Concello da Estrada (Pontevedra) e chocar lateralmente contra unha casa no lugar da Devesa, na parroquia de Guimarei.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2017 | Actualizada ás 19:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha moza de 20 anos, C.C.C., faleceu este sábado ao saírse da vía o vehículo no que viaxaba no Concello da Estrada (Pontevedra) e chocar lateralmente contra unha casa no lugar da Devesa, na parroquia de Guimarei.

Segundo informan o 112 e o 061, o condutor do turismo accidentado, un home de 22 anos, D.F.F., resultou ileso.

O sinistro produciuse na vía que une A Estrada e Forcarei, antes do cruzamento de Rial. Debido á gravidade do accidente, o 061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago até o lugar.

O persoal sanitario alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ás 17,00 horas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia deu aviso aos Bombeiros de O Deza, así como a efectivos do GES da Estrada, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta