O Espazo Ecosocialista disólvese e sitúa a En Marea como o "proxecto político de cambio" en Galicia

O Espazo Ecosocialista, corrente interna de En Marea, acordou a súa disolución ao considerar que xa non ten "finalidade práctica" tendo en conta que considera que o partido instrumental "xa é o proxecto de cambio que Galicia necesita" e en cuxa consolidación "deben colaborar todas as persoas".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2017 | Actualizada ás 20:09 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Espazo Ecosocialista, corrente interna de En Marea, acordou a súa disolución ao considerar que xa non ten "finalidade práctica" tendo en conta que considera que o partido instrumental "xa é o proxecto de cambio que Galicia necesita" e en cuxa consolidación "deben colaborar todas as persoas".

A decisión foi alcanzada pola V Asablea Nacional do Espazo Ecosocialsita, que animou aos seus xa exmembros a incorporarse a En Marea tendo en conta que entenden que a "lóxica de unidade de trincheiras de parte" debe dar un paso á "cooperación entre iguais".

Así mesmo, o Espazo Ecosocialista erixiu á correntes Marea Aberta e Foro Galego en "elementos centrais" para "axudar a consolidar os acordos tomados democraticamente pola asemblea fundacional e os dous plenarios" de en Marea.

Nun comunicado remitido aos medios, o Espazo Ecosocialista lembra que naceu con "data de caducidade" consciente de que, "nun proceso longo e complexo de tránsito cara a unha nova democracia, os instrumentos políticos ían sufrir mutacións e mesmo a ser substituídos por novas ferramentas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 FARSANTES!!!

E outro invento do depravado e mefistofélico vello -Vieiras co fin de buscar algún voto despistado na rapañota electoral do negociado mareado-podreiros de izquerda la unitaria (UNIDADE DE EXPAÑA), o AGE mareado fixo moito e bo polo traballador polo obreiro, agora en santi-AGE a criminalidade subiu moito, agora todo esta mellor o golfiño merendiño, os compinches faimerrich, a cachadora de podreiros a quenruga (adoradora do fiscal asesinado, dixo que era maraBillosa a fiscalía anticorruPPcion de Galicia) asi agora xa están todolos podreiros en "family bussines as ussual" agora todos entraran no preparto do que importa os cartos, a ideoloxia e caduca como dixo ... A MEMORIA MEUS .... A MEMORIA... tanto espazo para nada...

2 Gamela

Alguén coñece quen foi o BENEFICIADO desta DISOLUCIÓN ? Haberá que preguntarlle a Mario López Rico a ver se sabe algo deste conto (CERNA) !

1 anonimo

Home, ecoloxía non casaba moi ben coa defensa de siderurxias ultracontaminantes e as térmicas de carbón que as surten de corrente. Lóxico. Agora, onde irá o meu voto ecoloxista? A abstención, supoño.