Catro feridos en Piñor (Ourense) após saírse da vía un vehículo que acabou dando varias voltas de campá

Catro persoas resultaron feridas nun accidente de circulación rexistrado ás 5,00 horas da madrugada do domingo no municipio ourensán de Piñor.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2017 | Actualizada ás 11:17 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Catro persoas resultaron feridas nun accidente de circulación rexistrado ás 5,00 horas da madrugada do domingo no municipio ourensán de Piñor.

O vehículo no que viaxaban, logo de saírse da calzada, acabou dando varias voltas de campá antes de rematar entre os dous carrís da estrada, segundo informa o CIAE 112 Galicia.

O sinistro tivo lugar no punto kilométrio 69 da AG-53. Logo de ser alertados por unha das persoas implicadas no accidente, a central do 112 puxo o caso en coñecemento de Urxencias Sanitarias 061, Garda Civil, Bombeiros do Carballiño e Protección Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta