O presidente da Xunta traslada as súas condolencias á familia de José Manuel Maza, "profesional honesto e dialogante"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou as súas condolencias á familia do fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, falecido na noite do pasado sábado en Buenos Aires (Arxentina).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2017 | Actualizada ás 17:29 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou as súas condolencias á familia do fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, falecido na noite do pasado sábado en Buenos Aires (Arxentina).

"As miñas condolencias á familia de José Manuel Maza, un profesional honesto e dialogante. Galicia non o esquecerá", escribiu o presidente da Xunta a través do seu perfil na rede social 'Twitter'.

José Manuel Maza faleceu na noite do sábado na clínica de Buenos Aires na que permanecía ingresado desde este venres por un proceso de infección.

O fiscal xeral atopábase desde o pasado 14 de novembro en Arxentina, onde participaba na Asemblea Iberoamericana de Ministerios Públicos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta