Villares di que as diferenzas en En Marea “non son significativas” e defende a súa “sintonía” cos alcaldes

O portavoz di que no proxecto "non sobra ninguén". Tamén recoñece que "Galicia ten que ser tratada como nación" pero descarta a súa independencia. En Marea acusa ao PP de usar os orzamentos da Xunta para "facer propaganda sen atender ás necesidades" dos galegos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2017 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, asegurou que as diferenzas no seo do partido instrumental "non son significativas", á vez que defendeu a "sintonía" que mantén cos alcaldes das 'mareas'. Villares foi entrevistado este domingo na Cadena Ser, onde incidiu en que no proxecto de En Marea "non sobra ninguén". "O que busque diferenzas ten que saber que o fundamental é rexenerar o país, e para iso fai falta moita xente", comentou.

Villares
Villares | Fonte: Europa Press

O maxistrado fixo estas declaracións un día despois da súa ausencia nun acto das mareas municipalistas celebrado en Ourense este sábado, no que si estiveron os rexedores de Santiago, Martiño Noriega, e A Coruña, Xulio Ferreiro; que, á súa vez, faltaron no último plenario do partido instrumental no que as teses de Villares se impuxeron ás do sector crítico.

Cuestionado sobre a súa relación cos rexedores das 'mareas'; Villares asegurou que "non falta sintonía" con eles, xa que "todos" comparten "unha serie de valores" que son postos "en común" no "espazo" de En Marea.

"As nosas mareas municipalistas teñen moita máis autonomía que un partido político convencional, por iso é normal que teñamos nomes distintos. Todos queremos o mellor para a nosa cidadanía, hai un partido que está absolutamente corrompido nas administracións e compartimos a idea de botalos", indicou.

A INDEPENDENCIA DE GALICIA, FÓRA DA AXENDA

Para Villares, a hipotética reforma da Constitución española debe ser un "proceso constituínte" no que se recoñeza "o dereito a decidir" das nacións do Estado, entre elas Galicia, e a súa capacidade para "decidir a política social".

"Galicia ten que ser tratada como nación que é, ten que ser un reflexo claro de carácter nacional, e hai que permitir un especial competencial que nos permita facer política sociais para que a xente viva mellor", engadiu.

Porén, Villares rexeita defender a independencia de Galicia: "Non, iso non está na axenda do noso país, nós aspiramos a que se nos recoñeza o dereito a tomar decisións para poder vivir mellor".

EN MAREA CUALIFICA OS ORZAMENTOS DE "PROPAGANDA"

Así mesmo, a través dun comunicado emitido por En Marea este domingo, o partido instrumental cualificou de "propaganda" a proposta de orzamentos da Xunta para 2018 e puxo como exemplo a execución das contas do pasado exercicio, 2016.

Así, apunta que a xestión e execución de departamentos como Economía e Industria en "sectores chave" presentan graos "escandalosamente" baixos.

E é que, segundo o partido instrumental, precisamente estas áreas, como innovación ou creación de emprego, son algúns dos "obxectivos" fixados polo Executivo de Feijóo para o próximo ano.

Así as cousas, acusan ao PP de preferir "a política de anuncios espectaculares que desvíen a atención deste feito". "Con 200.000 desempregados en Galicia é moi grave deixar sen executar catro de cada dez euros destinados a combater o paro", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 RAMIRO DE YOLI

Supoño que cando falas de sintonía cos alcaldes, non te referirás ó déspota de Ferrol ?

4 villa

¿ as adxudicación de obras do señor Dubois o seu colega Alejandro, son cenas de amiguetes ou financiación ilegal ? Que intereses teñen Leiceaga e o Bng nesta situación.?????? Por qué tanta presa en facer fixo os temporais de Agader????

3 Gamela

Botando FÓRA Á XENTE sonche únicos !!! https://twitter.com/Gamela2017/stat... Ao mellor quen sobra é o que máis agarrado está ao sillón ?

2 salvanos señor do malinche

si algún día nos gobernan os mareados enton probes... PROBES DE NOS - (últimos instantes do gobernó de mareas) - o e que acaso xa os tedes esquecidos dos espectáculos truculentos da -VIEIRIA ATOLEADA E NUGALLEIRA - https://www.youtube.com/watch?v=IHj...

1 4000 euros máis chofer

Que ben lideras Viyares que consolidado está o teu liderazgo e que melena máis grande che saíu. Sigue así