Unha condutora resulta ferida após saírse da vía por un can que se lle cruzou na estrada en Zas (A Coruña)

Unha condutora necesitou este luns asistencia sanitaria despois de saírse da vía por mor dun can que se lle cruzou na vía no termo municipal de Zas (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2017 | Actualizada ás 13:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha condutora necesitou este luns asistencia sanitaria despois de saírse da vía por mor dun can que se lle cruzou na vía no termo municipal de Zas (A Coruña).

Segundo informa o 112 Galicia, a muller circulaba no momento do accidente pola estrada que enlaza Zas e Brandomil, ao pasar a parroquia de Meanos.

Un particular alertou sobre as 12,00 horas ao 112 Galicia e indicou que a condutora saíra polos seus propios medios do interior do vehículo e, aínda que estaba consciente, era necesaria a asistencia sanitaria.

Por iso, alertouse a persoal sanitario, da Guardia Civil de Tráfico e de Protección Civil da localidade. Os Bombeiros do Xallas tamén foron informados.

ACCIDENTE DE MOTO

Por outra banda, un motorista resultou ferido este luns despois de chocar un coche e unha moto que circulaban pola Rúa Cruceiro Vello, en Barrantes, no termo municipal de Ribadumia (Pontevedra).

Ás 12,00 horas un particular solicitou asistencia sanitaria para o motorista, após o que o 112 Galicia requiriu a intervención do persoal sanitario e informou á Guardia Civil de Tráfico, Bombeiros e Protección Civil de Ribadumia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta