O problema político de Galicia

Este artigo parte da tese que eu sosteño desde hai tempo da profunda inadecuación de PP e PSOE, como ferramentas para a defensa dos intereses de Galicia e polo tanto, do conxunto dos cidadáns galegos.

Por Carlos Vázquez Padín | | 02/12/2010

Comparte esta noticia

Podemos constantar cunha sucinta analise a inadecuacion estructural dos partidos de ambito estatal para a defensa eficaz dos nosos intereses por unha razon moi simple, os intereses de Galicia tenden a ser minoritarios no Estado por varios motivos:

En primeiro lugar a situacion periferica con respecto ao grande eixo de desenvolvimento do Estado que é o Mediterraneo e á capital española. En segundo lugar diferenzas estruturais entre as que destacaría a dispersion da poboacion VS concentracion poboacional na imensa maioría do resto de España e o elevado peso de sectores productivos que pesan pouco no conxunto como a pesca e a gandeiria. En terceiro lugar un decrecente peso demografico dentro do Estado e a escasez de aliados naturais (só Asturias cun millon de habitantes e, quiza, Cantabria, con medio).

Esta realidade “diferente” e a situación excentrica fai que o Estado e as duas organizacions partidarias con posibilidades de gobernalo por si mesmas, e de non haber outros condicionantes, nunca van ter a Galicia como unha prioridade nen nas negociacions nas que se xogen intereses galegos que non coincidan coa maioria de España nen nas decisions lexislativas (o exemplo da Lei de Facendas Locais que non ten para nada en conta a dispersion da poboacion que fai que sexa mais cara a dotacion de servicios) nen no desenvolvimento das infraestructuras, fomos os ultimos nas estradas co PSOE de Felipe González, tamén o fomos co PP de Aznar (e iso que segundo os populares era o noso amigo) e voltaremos a ser os ultimos no ferrocarril co PSOE de Zapatero, e en tantas e tantas oportunidades nas que os nosos intereses e o noso desenvolvimento foi, é e será subordinado.

Para entendermos isto correctamente partimos da base de que os recursos son escasos e son as estructuras partidarias e gobernamentais as que os asignan, tendo en conta equilibrios internos de poder, interese estratexico ou politico nunha ou noutra zona, e sobre todo maiorias dentro desas estructuras, neste contexto Galicia sempre saira perdendo e non porque lle caiamos mal a ninguen. Temos observado en moitas ocasions como o PP e o PSOE votan unha cousa no Parlamento Galego e despois a contraria no Congreso dos Deputados porque os intereses de Galicia e do cantabrico en xeral non pesan dentro dos partidos e os deputados elexidos nas listas do PP e do PSOE polas circunscripcions galegas priorizan a disciplina de partido sobre os intereses dos seus votantes por medo á aplicación da doutrina Guerra “quien se mueve no sale en la foto”.

Vimos o que aconteceu coa negociacion de entrada na UE, a pesca foi sacrificada como contrapartida a un mellor trato aos productos do Mediterraneo, tres cuartos do mesmo pasou co leite. Simplemente os nosos intereses son minoritarios o só con partidos de ambito galego poden estar debidamente defendidos buscando alianzas externas, dentro e fora de España, cando sexa necesario.

Ademais son as estructuras gobernamentais e as partidarias, a través destas, as que teñen en conta a rentabilidade politica dos cartos investidos nunha ou noutra zona, e ás demais debilidades anteriormente mencionadas temos que lle engadir o feito de que nas cupulas do PSOE e do PP non se considera que o eleitorado poda fluctuar significativamente para premiar ou castigar unha ou outra actitude investidora, o PP considera que somos un pobo facilmente manipulable, vendido e ignorante e que ten garantido unha gran estabilidade de voto faga o que faga, por colocar un exemplo practico, “so temos diñeiro para 100 quilometros de autovia, ¿onde o facemos? ¿En Galicia onde temos os votos asegurado ou en Valencia onde o voto pode fluctuar rapidamente outra vez a favor do PSOE, ou en Cataluña onde e necesario investir para que o nacionalismo non se faga ainda mais forte?”.

O que a estas alturas debe quedar meridianamente claro e que non debemos seguir per secula seculorum asumido isto como algo dado e temos que empezar a mover ficha para cambialo, polas barreiras mentais e estructurais o PP e o PSOE, como por outro lado xa temos visto na practica, non son uns instrumentos nen con capacidade nen con vontade de sacarnos do furgon de cola de España e de Europa e a tarefa de crear unha ferramente para garantir a adecuada defensa dos nosos intereses non se pode aprazar máis.

Dentro do escenario das forzas propias o BNG representa un modelo de partido semellante a Izquierda Unida ou ao italiano Partito Democratico della Sinistra, partidos todos eles que tentan enmascarar a ideoloxia comunista do seu nucleo dirixente. No caso do BNG esta estratexia ten dado un éxito relativo ao teren sido capaces de monopolizar diante do eleitorado o nacionalismo galego, sen embargo, este proxecto parece que ten tocado teito e xa leva dez anos de constantes quedas cuxo fin non se albisca.

O BNG ten adoptado unha praxe política autonomista e de esquerda moderada pero os seus constantes tics delatano como unha forza de inspiracion marxista-leninista, cunha organización sectaria e pechada que non se abre a sociedade (ten o numero mais alto de votantes por afiliado de todo o Estado) e, en fin, como unha organización que, en nengun caso, pode ser quen dirixa a Galicia, con paso firme, cara a modernidade do século XXI no concerto europeo.

Sobre o papel é moi simple, poñelo en prática non tanto; precisamos que unha forza de ámbito galego alcance o goberno da Xunta en solitario ou encabezando unha coalicion con partidos estatais e/ou outros partidos de ambito galego. Idealmente isto veriase complementado cun grupo parlementario galego forte no congreso dos deputados que puidese condicionar a gobernabilidade do Estado, non é máis que a reproduccion do que tantas veces ten acontecido co Pais Basco e Cataluña grazas a que eles si teñen os instrumentos adecuados: CiU e o PNV.

Dicia Vicente Risco en “El Problema Politico de Galicia”, “Galicia, por dignidad y por conocimiento, debe tener una politica propia, debe tener partidos suyos, autonomos no sujetos a ninguna jefatura ajena al pais, a ninguna disciplina que los cohiba en la defensa de los intereses materiales de la region.(....).Yo creo ademas que es necesario, casi diria que indispensable, que existan en Galicia toda esa clase de partidos, que existan entre nosotros todos los partidos que hoy existen en los paises cultos de Europa. Lo considero necesario para nuestro progreso politico; ello daria a la vida politica gallega una matizacion, una riqueza y, sobre todo, una vitalidad y un movimiento que hoy todos echamos de menos.”

Traballemos para resolver o problema que xa diagnosticou Risco e que ainda non fomos quen de solucionar, Cataluña o domingo pasado, coa grande vitoria de CiU e os fracasos dos referentes dos tres partidos do Horreo, PP, PSC e ERC voltounos a marcar o camiño, insistir na xa transitada senda do fracaso pola que nos levan PP, PSOE e BNG non nos levará a bo porto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA