Ferida unha persoa ao envorcar o seu vehículo en Crecente (Pontevedra)

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés de Crecente.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2017 | Actualizada ás 19:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida na tarde deste luns nun accidente de tráfico rexistrado no municipio pontevedrés de Crecente.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 15,20 horas deste luns na estrada que une Crecente e A Cañiza, nas proximidades do Centro das Escravas da Virxe Dolorosa.

Até a zona desprazáronse efectivos do GES de Ponteareas e da Garda Civil de Tráfico, así como persoal sanitario do 061 para asistir á vítima.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta