Preto de 2.000 lucenses cursarán os seus estudos no "centro de referencia" da UNED no noroeste peninsular

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, o alcalde de Monforte, Xosé Tomé, e o reitor da UNED, Alejandro Tiana, inauguraron este luns a nova sede da Universidade a Distancia en Lugo, situada na parroquia de Conturiz e que se converte "no centro de referencia" desta institución no noroeste de España.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2017 | Actualizada ás 19:57 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, o alcalde de Monforte, Xosé Tomé, e o reitor da UNED, Alejandro Tiana, inauguraron este luns a nova sede da Universidade a Distancia en Lugo, situada na parroquia de Conturiz e que se converte "no centro de referencia" desta institución no noroeste de España.

Inauguración UNED Deputación de Lugo
Inauguración UNED Deputación de Lugo | Fonte: Europa Press

Máis de dous millóns de euros de investimento e dez anos despois de que a UNED chegase a Lugo, este centro abre as súas portas á vez que o curso académico 2017-2018, para o que xa se matricularon máis de 2.000 alumnos.

O acto contou tamén con políticos, como o exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, o exvicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, ou o expresidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro.

"Despois de moito tempo, coas diferentes trabas que se lle puxeron, conséguese hoxe abrir un centro de referencia da UNED no noroeste de España. É vital para a educación en Lugo, é un día de alegría, un día deses que apetece ser presidente de algo", dixo Darío Campos logo de descubrir a placa conmemorativa da apertura.

Campos profundou en que se pon en marcha algo que viña "demandando" por parte dos lucenses "e que agora é unha realidade". A Deputación, estimou, "leva investidos máis de dous millóns de euros", nun edificio que albergará 22 titulacións de grao, coa implantación do Grao de Criminoloxía "como novidade".

"Non cremos que isto sexa un gasto, isto é un investimento en educación e seguiremos colaborando coa UNED como vimos facendo desde fai dez anos e tentaremos seguir na mesma liña", comprometeuse o presidente provincial.

DÉCIMO ANIVERSARIO

Pola súa banda, o reitor da Universidade a Distancia, Alejandro Tiana, expresou a súa "satisfacción" após lembrar que, "hai un mes" que a UNED en Lugo cumpre dez anos de existencia". "Que celebremos o décimo aniversario inaugurando unha nova sede é unha satisfacción", celebrou.

Ademais subliñou que "son varias as institucións que colaboraron neste proxecto. "Á deputación téñollo que agradecer especialmente porque foi impulsora, pero tamén o concello da cidade e outros concellos", debullou. "Fixeron que o centro de Lugo sexa, hoxe en día, unha realidade puxante e ter un edificio tan bonito e funcional é para nós unha satisfacción porque é mostrar que esta UNED, que é a distancia, ten os pés na terra", congratulouse Tiana.

Para o reitor, este centro ten "unha mostra moi grande e un número de alumnos bastante estabilizado", que "aínda que é verdade que hai máis universidades que ofrecen ensino en liña a UNED séguese mantendo". "É unha satisfacción, problemas teremos pero algo faremos ben para que se siga confiando en nós", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta