Temas: EDUCACIóN

Os alumnos galegos, por baixo da media en resolución de problemas en grupo, segundo o informe PISA

Madrid e Castela e León obteñen os mellores resultados dentro do Estado neste indicador.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2017 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

Os alumnos de Galicia atópanse por baixo da media en resolución de problemas en grupo. Así se desprende dos datos do último informe PISA, publicado este martes, no que Madrid e Castela e León obteñen os mellores resultados dentro de España neste indicador.

Alumnos en clase
Alumnos en clase

O estudo, que pon o foco en 32 países membros da OCDE e outras 19 nacións e economías asociadas, analiza a capacidade dos estudantes de 15 anos á hora de traballar en equipo e colaborar na resolución de problemas.

A media dos países analizados ese sitúa nos 500 puntos, entre os que destacan Singapur (561), Xapón (552), Hong Kong (541) e Corea (538). Á cola sitúanse Túnez (382), Brasil (412), Montenegro (416) e Perú (418).

No caso do Estado español, Andalucía e Estremadura rexistran os peores resultados e Galicia logra a novena posición. En total, España achégase lixeiramente a media cos 496 puntos, nunha clasificación liderada por Madrid (519), Castela e León (517), Navarra (505) e Cataluña (505), todas elas por encima da media da OCDE.

A clasificación segue con Aragón (499), Castela-A Mancha (497), Asturias (496), A Rioxa (495), Galicia (494), Comunidade Valenciana (492), Baleares (488), Murcia (486), Cantabria (485), País Vasco (484), Canarias (484), Andalucía (483) e Estremadura (474).

En Galicia, o 4,6% dos estudantes obtiveron a máxima puntuación (máis de 640 puntos), aínda que máis do 65% rexistraron resultados intermedios ou baixos na escala do estudo (nivel 2 ou inferior).

A MAIOR COMPETENCIA, MELLOR TRABALLO EN EQUIPO

O estudo analiza, á súa vez, a relación entre estes resultados cos obtidos en competencia matemática, lectora e científica.

O 39,3 por cento dos alumnos galegos que obteñen os mellores resultados en ciencias, lectura e matemáticas fano tamén en resolución de problemas en grupo.

Desde o punto de vista oposto, a práctica totalidade dos estudantes con peores resultados nestes indicadores tamén obteñen malas puntuacións na resolución de problemas en grupo (o 90,3 por cento).

Doutra banda, tendo en conta o xénero, as alumnas obteñen un resultado superior aos seus compañeiros, logrando unha puntuación xeral de 509 fronte aos 479 dos rapaces.

TRABALLO EN GRUPO SOBRE INDIVIDUAL

O informe aborda, a continuación, a actitude dos estudantes tendo en conta a relación cos seus compañeiros e as tarefas realizadas en grupo.

O 94 por cento considera que sabe escoitar, o 92% afirma sentirse ben ao ver os logros dos seus compañeiros, o 89,6 por cento afirma ter en conta os intereses dos demais e o 92,8 asegura analizar diferentes puntos de vista.

Así mesmo, o 71,6 prefire formar parte dun equipo, o 75,8 afirma que nunha colectividade se toman mellores decisións que individualmente, o 71,7 considera que traballar en grupo incrementan a súa eficiencia como individuo, e o 90,4 asegura que goza cooperando.

Temas: EDUCACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 anonimo

Iso é porque os mestres e profesores galegos traballan moitas horas, cobran moi pouco e sofren terribles presións. Así non hai quen ensine nin prepare os materiais, Así que libro, deberes na casa e pista.

1 Tiago

Normal, en Madrid o Castilla y León, no tienen a la CIG mangoneando todo lo relativo a Educación

1 Paseando_españolistas

Tonterías. Madrid y Castilla-León no tienen a la CIG...pero tampoco la tienen Valencia, Baleares....etc. que están peor que Galicia. Y algo más: País Vasco está peor todavía en este índice y sin embargo ¡quién le diera a Castilla y León o al mismísimo Madrid tener la ciencia y la técnica de los vascos! Sólo indicar que en el edificio de la red de contraste de mediciones europea establecida en Madrid abundaban ingenieros y técnicos de Europa del Este, o que no he visto nacer nada...pero nada de técnica puesta en práctica desde CYL o Madrid, indicará de dónde hay que importar conocimientos: De los "menos" españolistas. ¿Qué mide ese índice?: aparte de conocimientos la capacidad de colaborar entre alumnos; quizás en esto último esté la clave.

2 Tiago

Infórmate bien. En Valencia y Baleares las versiones locales de la CIG han convertido la Educación en algunos lugares a algo parecido al III Reich, tan admirado por los antisionistas galegos. http://www.elmundo.es/espana/2017/1.... En cuanto a tu opinión sobre el País Vasco, recuerda a Sabino Arana, ese racista antigalego. Hace mucho que Madrid supera en industria, tecnología y renta per capita al País Vasco.

3 Paseando_porermundo

Tendré que decirtelo otra vez: Tonterías. Valencia era feudo hasta hace bien poco del PP y ni siquiera querían participar en las evaluaciones del PISA hasta el 2016, por lo que mal puedes sacar conclusiones sobre influencias sindicales con tal falta de datos. Baleares es el mismo caso, ni siquiera voy a perder el tiempo en ella. En cuanto a Euskadi, mejor tener en cuenta de dónde viene la técnica y la ciencia y no dónde se establece, porque si algo hace Madrid es acaparar lo que nace en otros sitios, como Farmamar o Iberdrola.

4 CigososNON

Non ten nada que ver ser feudo do PP co feito de que a Educación estea en mans de sindicatos naciionalistas. E Galicia é o máis claro exemplo de feudo do PP con presenza destrutiva e considerable da CIG en Educación. Por outra banda as empresas vanse de Cataluña a Madrid, non ao País Vasco. Por algo será, pero aos nacionalistas non lles interesa velo. Terían que pensar e recoñecer que as súas ideas foron destructivas.

5 Paseando_porermundo

En cuanto a Sabino Arana y todos esos que demonizais los bilingüistas: Teneis una red de charlatanes (llámales periodistas o blogueros) por todo el Estado hablando pestes de los líderes de los nacionalismos; como si fuera una campaña estatal (hay gente contratada para maquetar, conseguir historias, redactar...de dónde salen los "dineros"?) . Pero no fueron los nacionalistas gallegos los que hicieron esto: http://www.latinamericanstudies.org... (pasado mucho tiempo después de los escritos de Sabino Arana), o los que dividían la gente en cuarterones, zambos, criollos, mulatos, etc. para que trabajaran para vosotros. No tenéis autoridad moral para hablar de racismo si defendéis " España y su historia".

6 diñeiro das faes

coñecía as barbaridades expostas por Eduardo Galeano en Las venas abiertas de América Latina pero isto que se di na web que compartes é aínda máis dramático.

7 Yate

Y rosa diez que es una gallegofoba igual que Rivera y veo que les votas tiago el profesorado es de la Cig porque defiende sus derechos no como otros sindicatos que se bajan el pantalón con el pp ya sabemos que echáis de menos al cerillita claro los grandes demócratas como vosotros estáis tristes se os murió el cerillita Hitler y Mussolini que le vamos hacer y Sabino Arana era tan racista como el señor Rajoy que odia el gallego aunque claro alguien que no nació en Galicia que vas a esperar

8 Paseando_porermundo

diñeiro das faes: O que se di na web é o que pasou na Cuba baixo dominio español antes do 1898. Os patriotas cubanos querían a independencia de España, e os nacionalistas españois, sospeitando que os independentistas tiñan apoio dos labradores (moitos deles españois), non dubidaron en metelos a todos en campos de concentración. Estiveron alí preto dun millón ata morreren de fame e enfermidades uns 500.000. Esas imaxes que alí ves son tomadas por reporteiros, coas cámaras fotográficas de entón, das moreas de osos dos mortos, do estado miserento da xente que sobreviviu, e da vergoña que foi o "Imperio español". Podo asegurarte que non é a única infamia desta xente; deberías ler o que din os franceses da expulsión dos mouriscos. Por cousas como esas dan asco os nacionalistas españois , aínda a día de hoxe defenden isos feitos.