Sindicatos consideran que "faltan prazas" por convocarse no Sergas

Sindicatos valoraron este martes a convocatoria de 1.616 prazas na Oferta Pública de Emprego (OPE) de 2017 no Servizo Galego de Saúde (Sergas), pero criticaron que "faltan prazas" por convocarse.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2017 | Actualizada ás 15:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Sindicatos valoraron este martes a convocatoria de 1.616 prazas na Oferta Pública de Emprego (OPE) de 2017 no Servizo Galego de Saúde (Sergas), pero criticaron que "faltan prazas" por convocarse.

Así, após presentarlles o Sergas a OPE 2017 en mesa sectorial, a responsable de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, manifestou a Europa Press que "deberían saír 3.507 prazas", xa que na convocatoria de 1.616, a xuízo deste sindicato, non suman as vacantes de entre 2010 e 2017.

"Parécenos unha oferta insuficiente", afirma Abuín, que lamenta que a OPE 2017 "deixa fora prazas moi necesarias para ofertar unha sanidade de calidade". Neste sentido, insiste en que a convocatoria presentada este martes "deixa fóra un número importante de prazas".

"FALTA PERSOAL SANITARIO"

Por parte de CC.OO., Anxo Cameselle sinalou a Europa Press que valoran a oferta, pero consideran que "falta persoal sanitario por saír", polo que sostén que se non é este ano "ten que saír en 2018".

En concreto, sindicatos apuntan que falta por convocarse prazas en categorías como a de Fisioterapeuta e de persoal non sanitario, como pinches de cociña e persoal de mantemento, entre outras.

Polo seu lado, Javier Martínez de UXT comentou a Europa Press que "hai categorías minoritarias que hai anos que non saen e segue sen saír" en OPE. Por iso, reivindica que "saian na seguinte" porque "hai que estabilizar a todo o mundo".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta