Por que aumentan os casos de violencia de xénero a pesar dos miles de euros da Xunta en publicidade?

A polémica campaña do Goberno galego contra a violencia contra a muller custou este ano máis do dobre cá do ano pasado. Unha cifra superior á que se destina para un convenio de atención ás mulleres vítimas de violencia e aos seus fillos. A pesar da publicidade nos medios, aumentaron os delitos contra a liberdade sexual e as denuncias por casos de violencia de xénero.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/11/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

"Somos unha comunidade pioneira na loita contra a violencia de xénero", sinalaba hai un ano a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se celebra cada 25 de novembro. Xusto un ano despois, o número de denuncias por violencia machista aumentou, como tamén aumentaron os delitos relacionados contra a liberdade sexual.

Protestas contra a violencia machista
Protestas contra a violencia machista

E como é posible que aumenten os casos, cando a Xunta asegura que destina máis diñeiro e medios para combatir esta lacra?. Curiosamente, este ano GC desvelaba que o Goberno galego duplicaba o diñeiro destinado a publicitar ese día –o do 25 de novembro--  entre determinados medios de comunicación. En total, 196.000 euros nunha campaña criticada por toda a oposición por "cousificar" á muller. Unha cifra que o pasado ano foi de 80.000 euros.

“Pero ese diñeiro é para publicidade... para seguir pagando favores e ter aos medios controlados”, denuncian desde entidades feministas que critican duramente ao Goberno galego por non poñer en marcha unha auténtica política de erradicación da violencia contra a muller.

MENOS DIÑEIRO PARA CONVENIOS

Curiosamente, o diñeiro que a Xunta lle dá aos medios para publicitar esta xornada é moito menor ao que destina a un convenio asinado dende hai anos co Colexio de Psicólogos de Galicia para a atención ás mulleres vítimas de violencia e aos seus fillos. Un convenio que si é efectivo para axudar ás vítimas e que é de tan só 156.400 euros.

Publicidade aparecida nos grandes medios sobre unha campaña de Violencia de xénero
Publicidade aparecida nos grandes medios sobre unha campaña de Violencia de xénero

A Xunta insiste en que ten un programa pioneiro en Galicia e en España, 'Abramos ou círculo', para os homes con problemas de conduta. "Eu podo estar de acordo en que son necesarios máis medios, pero nun momento de crise económica fomos capaz de abrir en Santiago un Centro de Recuperación Integral para vítimas de segundo nivel", remarcaba López Abella hai un ano.

Así mesmo, indicaba que Galicia é a "primeira comunidade" en ter unha materia de libre configuración en igualdade, que foi asumida por "moitos centros escolares" e que xa se está sendo impartida.

AUMENTAN OS CASOS

Con todo, e a pesar destas medidas, o número de denuncias por casos de violencia de xénero creceu en Galicia un 22,23 por cento en 2017 con respecto ao pasado ano. A propia secretaria xeral de Igualdade era a encargada de dar estes datos durante a presentación da campaña da Xunta para o 25 de novembro, a mesma que custou case 200.000 euros.

Ata o momento, e segundo a Xunta, hai tres vítimas da violencia de xénero este ano. E iso, a pesar de que durante o curso pasado decretáronse 946 ordes de protección. De feito, e aínda que Galicia mantense como cuarta autonomía con menor taxa de criminalidade no seu balance correspondente aos nove primeiros meses do ano, aumentaron os delitos contra a liberdade sexual, un 11%, segundo datos do delegado do Goberno, Santiago Villanueva.

PROGRAMA VIOGÉN

 

En Galicia hai actualmente máis de 3.100 casos de violencia de xénero que son obxecto de control, protección e seguimento permanente por parte de axentes policiais a través do Sistema de Seguimento Integral de Casos de Violencia de Xénero (Viogén), que analiza o nivel de risco de cada caso e coordina aos diferentes axentes implicados para garantir a protección e benestar das vítimas.

 

A maiores, o sistema Viogén rexistra en Galicia máis de 21.500 casos considerados 'inactivos', é dicir, que, por circunstancias, se considera que non necesitan de atención policial constante, aínda que poden reactivarse en calquera momento.

 

Cartel do Día contra a Violencia Machista de 2017 que foi moi polémico
Cartel do Día contra a Violencia Machista de 2017 que foi moi polémico
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Luis Ferrolán de Pisco

Pero coitadiños. non sexades parvos ,non hai que invertire en propaganda ....¿Hai que invertire en educación, en cultura , A propaganda so sirbe para que a Xunta compre e pague a complicidade dos periódicos impresos en papel.....relembrade a mordida pagada por Faballonciño por mor dos lumes....

6 Violencia nos medios

O papel dos medios de comunicación no aumento da violencia de xénero é palpable, e non se corrixe con anuncios de publicidade. Os medios, agás poucas excepcións, alimentan esa violencia día a día, mostrando á muller coma un obxecto, despersonalizada. Ademáis de negarlle unha presenza mediática normalizada, como parte que é da sociedade. Ademáis hai unha cultura mediática irresponsable de alento das violacións.

5 Sesese

Nos tempos difíciles quen paga sempre son os mais débiles.

4 A verdade

Todo se basea no respecto. Como vai existir respecto entre un home e un muller se non se fomenta o respecto en todos os ámbitos da vida? Pensan algúns que só con inculcar o respecto de xénero se soluciona, pois non. Se non se resepctan as leis, se non se respectan as creenzas, se non se respecta a historia, se non se repecta o pensamento do diferente, se non se resepcta a autoridade,... se o que se fomenta é iso, como se vai respectar un só aspecto da nosa vida... a idea de fago o que que quero cando quero e como quero é a ideoloxía esquerdista que se inculca aos rapaces desde a escola... así nos vai... en todo.

1 averdadeverdadeira

Si oh sí; os partidos conservadores, , históricamente opostos ao dereito a voto da muller e a calquera avance no recoñecemento dos dereitos de calquera minoría ou grupo dominado e vulnerable. As ideoloxías de extremadereita son moi recoñecidas pola súa tolerancia ao outro, sí; tanto que proclaman o seu exterminio directo ...En canto a autoridade, só hai que ver os chats dos policías municipais de Madrid; tan respectuosos cos de razas ou ideoloxías diferentes, que consideran que merecen mortes lentas e agónicas ou ser tirados como comida aos peces... Só dis a verdade nunha cousa; así nos vai...en todo (pero grazas ós gobernos das dereitas)

3 Fuilco

La ideología de género es un cuento chino. Como se reconoce no ha servido para atajar los malos tratos dentro de las parejas. Eso sí, se han forrado unas cuantas, pertenecientes a diversas asociaciones feministas, observatorios, institutos y diversos chiringuitos que pastan del erario público.

1 maruxa do pepeiro

si home si... si home si... e que me dices do teu amigo pepeiro o presidente da de´.putacion de Ourense acusado de traballo por sexo, que tes que decir pepeiro do braguetazo aberto

2 Galegus

Maruxa, la ideología de Baltarín es la misma que la tuya: chupar del puesto público de por vida. Unos lo hacen en el PP, otros en la CIG. No hay ninguna diferencia.